Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/07/2020

O Parlamento aproba unha importante reforma do transporte por estrada

5063F_1594821568_20200707PHT82813_original.jpg
O Parlamento apoia unha reforma que busca mellorar as condicións de traballo dos condutores e acabar coa competencia desleal no sector do transporte por estrada.

Bruxelas, 9 de xullo de 2020. Os eurodeputados aprobaron o mércores pola noite sen ningunha modificación o tres textos lexislativos tal e como foran adoptados polos ministros da Unión Europea en abril. O acordo político entre o Parlamento e o Consello alcanzouse en decembro de 2019.

Esta reforma da normativa sobre o desprazamento de condutores, os tempos de descanso e a aplicación das normas de cabotaje (transporte de mercadorías dentro do territorio dun Estado membro por parte de empresas estranxeiras de maneira temporal) pretende acabar coa distorsión da competencia no sector do transporte por estrada e garantir aos condutores o necesario descanso.

Mellores condicións laborais para os condutores

As novas regras axudarán a mellorar as condicións de descanso dos condutores, e permitiranlles pasar máis tempo en casa. As empresas terán que organizar os seus horarios de modo que os transportistas internacionais de mercadorías poidan volver ao seu domicilio periodicamente (cada tres ou catro semanas, dependendo do calendario de traballo). O descanso semanal obrigatorio non poderá facerse na cabina do camión. En caso de estar fóra de casa, a empresa terá que facerse cargo dos gastos de aloxamento.

Non á competencia desleal e loita sen cuartel contra as prácticas ilegais

Os tacógrafos rexistrarán as cruces de fronteiras para detectar as fraudes. Para evitar o cabotaje sistemático, establecerase un período de catro días de interrupción entre dúas operacións de cabotaje nun mesmo país cun mesmo vehículo.

Para acabar coas sociedades ficticias, as empresas de transporte de mercadorías por estrada deberán documentar que a súa actividade se desenvolve fundamentalmente no Estado membro no que están rexistradas. Ademais, coa nova normativa os camións terán que volver ao centro operativo da compañía cada oito semanas. Aos vehículos comerciais lixeiros de máis de dúas toneladas e media tamén se lles aplicarán as normas europeas para os operadores de transporte, de modo que as furgonetas terán obrigación de levar tacógrafo.

Desprazamento de condutores: normas claras para unha remuneración xusta

A reforma establecerá un marco xurídico claro para evitar interpretacións nacionais distintas e garantir unha remuneración xusta aos condutores. As normas sobre desprazamentos aplicaranse ás operacións de cabotaje e transporte internacional, excepto no caso do tránsito, as operacións bilaterais e as operacións bilaterais con dúas actividades adicionais de carga ou descarga como máximo.

Próximos pasos

Os cambios lexislativos entrarán en vigor tras a súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea, nas próximas semanas.

As normas sobre desprazamento dos condutores serán de aplicación dezaoito meses despois da entrada en vigor. As referidas aos tempos de descanso, que inclúen o regreso dos camioneiros ao seu domicilio, aplicaranse vinte días despois da publicación no Diario Oficial. Por último, as novas regras sobre o retorno dos camións e outros cambios nas normas de acceso ao mercado serán de aplicación dezaoito meses despois da entrada en vigor do Regulamento correspondente.

Fonte: Parlamento Europeo

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante