Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/06/2019

ELENA, a iniciativa europea que axuda aos entes públicos e privados a poñer en marcha proxectos de eficiencia enerxética e enerxía e transporte sustentable

A Iniciativa ELENA esta coordinada pola Comisión Europea e máis o BEI. Fonte: © European Union 2012.Fotógrafa: Cristina Quicler.jpg
  • Esta iniciativa é coordinada conxuntamente pola Comisión Europea e o BEI, sendo financiada con fondos do programa Horizonte 2020.
Bruxelas, 21 de xuño de 2019. ELENA (The European Local Energy Assistance) é unha iniciativa conxunta do BEI (Banco Europeo de Investimentos) e a Comisión Europea, dirixida polo propio BEI e baixo o financiamento do programa europeo Horizonte 2020, que axuda ás autoridades públicas e privadas a poñer en marcha proxectos de eficiencia enerxética, enerxía sustentable e transporte sustentable. Esta iniciativa conxunta da Comisión e do BEI está dirixida por un equipo de expertos formado por enxeñeiros e economistas con ampla experiencia no sector da enerxía e o transporte. O mecanismo de financiación europeo proporciona subvencións para a asistencia técnica na preparación de proxectos de eficiencia enerxética, creación de enerxía renovable integrada e transporte urbano a nivel local, rexional e nacional. Estas subvencións poden utilizarse para financiar custos relacionados con estudos de viabilidade e de mercado, estruturación de programas, plans empresariais, auditorías enerxéticas e estruturación financeira; así como para a preparación de procedementos de licitación, acordos contractuais e unidades de execución de proxectos. 

Desde a creación deste mecanismo europeo no ano 2009, máis de 80 beneficiarios recibiron axuda financeira por valor de máis de 160 millóns de euros, mobilizando preto de 6.000 millóns de euros en investimentos e axudando a crear de máis de 33.000 postos de traballo entre os proxectos en curso e os proxectos completados. 

Por rexións, a área de Europa onde ELENA tivo un maior impacto e repercusión foron os países europeos occidentais; sen dúbida a zona do continente que máis proxectos realizou e a que máis diñeiro recibiu a través desta iniciativa. No que respecta á temática dos proxectos iniciados con ELENA, destaca a presenza maioritaria de proxectos de eficiencia enerxética en edificios, seguidos polos proxectos de transporte sustentable e os de iluminación pública. En concreto en España, a iniciativa ELENA financiou un total de sete proxectos: dous deles vinculados á mobilidade sustentable e os cinco restantes no campo da eficiencia enerxética.

Trámites para solicitar este mecanismo financeiro
Para poder beneficiarse desta boa oportunidade de financiamento, hai que realizar unha solicitude de fondos á organización de ELENA. Tan só é necesario enviar unha descrición completa do proxecto, xunto a unha descrición da autoridade que solicita dito financiamento europeo. Despois, o equipo de ELENA avaliará se o proxecto cumpre cos criterios de elixibilidade establecidos nas súas bases. Se a avaliación é positiva, e tras o envío de toda a documentación necesaria, a Comisión Europea dará a súa aprobación final tendo en conta a avaliación inicial do equipo ELENA.

Actualidade da iniciativa ELENA
A principios deste ano, anunciouse que a iniciativa ELENA recibiu 97 millóns de euros de novo financiamento por parte da Comisión Europea para a súa dotación destinada a edificios residenciais. Este orzamento ten por obxecto apoiar os servizos de desenvolvemento de proxectos para investimentos de eficiencia enerxética en vivendas de propiedade privada e pública. O Banco Europeo de Investimentos (BEI), que constitúe o núcleo da aplicación de ELENA, proporcionará asistencia e coñecementos técnicos e actuará como punto de contacto.

O apoio da iniciativa ELENA na realización destes investimentos conducirá a un aforro de enerxía e de custos, á vez que aumentará o uso de fontes de enerxía renovables nos edificios. Isto, en última instancia, reducirá as emisións de gases de efecto invernadoiro que producen o actual cambio climático; un dos principais retos que afrontan os Estados membros da Unión Europea.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante