Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/05/2019

Coñece Eltis, o punteiro observatorio europeo de mobilidade urbana

O Observatorio de Mobilidade Urbana Eltis ofrece moitas achegas e informacións precisas no marco da mobilidade urbana sustentable.png
  • Trátase dunha entidade financiada con fondos europeos que informa sobre o propio concepto de mobilidade urbana, as boas prácticas existentes e ferramentas útiles para empregar polos axentes competentes, entre outros aspectos.   
Bruxelas, 22 de maio de 2019. O observatorio Eltis é unha institución europea que facilita o intercambio de información, coñecementos e experiencias no ámbito da mobilidade urbana sustentable en Europa. Esta entidade está dirixida a aqueles individuos e empresas que traballen na área do transporte ou outras relacionadas, como o desenvolvemento urbano e rexional, a saúde, a enerxía ou ben as ciencias ambientais. Con máis de 10 anos de experiencia no sector, Eltis converteuse no principal observatorio europeo sobre mobilidade urbana, sendo financiado pola Unión Europea. En concreto, Eltis se financia dentro do programa Enerxía Intelixente – Europa (EIE).

O primeiro canal informativo, de consulta e de diálogo que ten o Observatorio Eltis cos seus públicos é o seu site web, aínda que tamén dispón de perfís sociais en Facebook, Twitter e LinkedIn, ademais dun canal propio na plataforma multimedia YouTube. 

A continuación, preséntase unha radiografía detallada da súa web e sobre os contidos que se poden atopar nela. O sitio web de Eltis divídese en catro temas principais: descubrir, actuar, compartir e plans de mobilidade. A través destes apartados a entidade proporciona a información, as boas prácticas existentes, ferramentas útiles xunto ás canles de comunicación necesarias para orientar aos individuos a transformar as súas urbes e cidades en modelos de mobilidade urbana sustentable.

Contidos útiles que atopar en Eltis
En primer lugar, este observatorio europeo permite coñecer de primeira man o concepto de ‘mobilidade urbana sustentable’ mediante a información recollida no apartado Descubrir:
  • A sección de ‘Noticias’ ofrece unha actualización periódica de novas relacionadas coa mobilidade urbana sustentable a escala local, rexional e europea.
  • A sección de ‘Casos de estudo’ presenta casos locais exitosos que son referentes de mobilidade urbana sustentable; os cales foron seguidos, documentados e explicados polo observatorio. 
  • A sección ‘Temas’ destaca os principais asuntos relacionados coa mobilidade urbana sustentable tratados pola entidade.
  • En ‘Cifras e datos’, se proporciona unha gran variedade de datos estatísticos sobre asuntos relacionados coa mobilidade urbana sustentable.
  • ‘Política e lexislación da UE’ é unha sección de Eltis que contén os avances máis importantes respecto a leis e políticas no ámbito da mobilidade urbana sustentable.
Por outro lado, Eltis axuda e informa a profesionais e entidades adicadas ao transporte a través do apartado Actuar, promovendo formas sustentables de mobilidade nas súas rexións ou cidades.
  • A sección ‘Ferramentas e recursos’ contén ferramentas, guías, manuais e informes para apoiar aos profesionais da mobilidade urbana no seu traballo e achegarlles información válida e útil.
  • Na sección de ‘Vídeos’, Eltis presenta exemplos destacados de iniciativas de mobilidade urbana sustentable.
  • A sección ‘Fotografías’ contén unha galería de imaxes que se pode usar para promover a mobilidade urbana.
  • En ‘Materiais de formación’, Eltis ofrece materiais didácticos e formativos producidos neste ámbito da mobilidade nas urbes.
  • En ‘Financiamento da UE’, a institución reúne e explica as fontes e programas actuais de financiamento da UE accesibles para os gobernos locais.
O Observatorio Eltis, no apartado Compartir da súa web, permite observar os casos coas mellores prácticas e debater ao redor de iniciativas novas e innovadoras en torno á mobilidade urbana sustentable.
  • Como ‘Amigo de Eltis’ rexistrado, cada usuario pode enviar contidos e comentarios sobre as ideas e propostas dos seus compañeiros. Por iso, é recomendable visitar a páxina de Amigos de Eltis a fin de obter máis información sobre as vantaxes de converterse en membro.
  • Na sección ‘Foro’, os amigos (usuarios) do Observatorio Eltis discuten todos os asuntos relacionados coa mobilidade urbana sustentable.
  • Ademais, na sección de ‘Eventos’ se presenta un calendario coas conferencias, reunións, talleres e eventos de creación de redes máis importantes neste sector.
  • Por último, ‘Ofertas de emprego’ é un taboleiro de anuncios no que se publican ofertas de emprego actuais relacionadas con este tipo de mobilidade sustentable.
Finalmente, o apartado adicado únicamente aos Plans de Mobilidade ofrece información sobre cómo desenvolver e implementar plans de mobilidade urbana sustentable (PMUS), nun contexto como o actual no que aumenta a necesidade europea de realizar procesos de planificación máis sustentables e integrados. Todas as dúbidas posibles sobre esta sección poden ser resoltas fácilmente mediante unha consulta  á páxina “Acerca dos plans de mobilidade”.

Desde a Fundación Galicia Europa, consideramos que este observatorio europeo pode ser interesante e informativo para moitos profesionais, entes e axentes económicos e sociais de Galicia de cara a abordar en profundidade a mobilidade urbana sustentable.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante