Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/09/2017

Semana Europea da Mobilidade 2017: mobilidade limpa, compartida e intelixente

Logo da Semana Europea da Mobilidade 2017. © Unión Europea
  • A Comisión Europea lanzou onte a 16ª Semana Europea da Mobilidade, unha campaña emblemática para a mobilidade e o transporte, que ten lugar do 16 ao 22 de setembro de 2017
  • Máis de 2.000 cidades de Europa e do resto do mundo organizan eventos para animar aos residentes para probar alternativas aos medios tradicionais de transporte
  • O tema da campaña de 2017 é ”Mobilidade limpa, compartida e intelixente”, coa chamada á acción ”Compartir lévache máis lonxe”

Bruxelas, 19 de setembro de 2017. A Comisión Europea lanzou onte a 16ª Semana Europea da Mobilidade, unha campaña emblemática para a mobilidade e o transporte, que ten lugar do 16 ao 22 de setembro de 2017. Máis de 2.000 cidades de Europa e do resto do mundo organizan eventos para animar aos residentes para probar alternativas aos medios tradicionais de transporte.

A comisaria de Transporte Bulc subliñou que ”a mobilidade compartida é un modelo emerxente intelixente e innovador de transporte, co potencial de reducir o número de vehículos nas estradas: por exemplo, por cada coche compartido, 15 coches privados están fóra de circulación. Pero non se trata só de coches; estamos a asistir a unha verdadeira expansión de sistemas de bicicletas compartidos en cidades e pobos de toda a UE. Temos que garantir que o futuro da mobilidade urbana sexa á vez compartido e sustentable”.

 

Edición 2017

O tema da campaña de 2017 é ”Mobilidade limpa, compartida e intelixente”, coa chamada á acción ”Compartir lévache máis lonxe”. A European Mobility Week deste ano anima á xente para utilizar formas de transporte compartidas, como a bicicleta e o coche. Europa é líder en solucións de mobilidade compartida e o valor destas transaccións no continente estimouse en 5.100 millóns de euros en 2015. Espérase que supere os 100.000 millóns de euros en 2025. Compartir o transporte non só axuda ás persoas para aforrar diñeiro, senón tamén aos obxectivos da UE de lograr unha economía de baixas emisións.

A Comisión Europea ha publicado este ano unha Guía de mellores prácticas nesta materia, na que aparecen Palma de Mallorca e Valencia como exemplos a seguir.

 

A Semana Europea da Mobilidade

Cada ano, as autoridades locais que fan esforzos significativos para promover a mobilidade urbana sustentable durante a campaña, poden solicitar o Premio da Semana Europea ata o 23 de outubro de 2017.

En 2017, por primeira vez, os municipios pequenos terán a súa propia categoría dentro do premio. Isto significa que se presentarán dúas categorías: un para os municipios con menos de 50.000 habitantes e un para os municipios con 50.000 habitantes ou máis.

As autoridades locais tamén poden solicitar o Premio á Planificación Urbana Sustentable (Premio SUMP) ata o 3 de novembro de 2017. O Premio SUMP galardoa o desenvolvemento dun plan de mobilidade que cubra as diversas necesidades de transporte de persoas e empresas.

Web da Semana Europea da Mobilidade

Enlace á guía de mellores prácticas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante