Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/06/2017

Etiquetas enerxéticas máis sinxelas, da A a G, para os electrodomésticos

O comisario de Acción polo Clima e Enerxía, Miguel Arias Cañete, durante a aprobación da proposta na Eurocámara. © Unión Europea
  • Os electrodomésticos clasificaranse da A a G para indicar o seu consumo enerxético, en lugar de con o sistema actual A+/A++/A+++
  • As primeiras etiquetas estarán para finais de 2019
  • A medida busca proporcionar información máis clara aos consumidores

Bruxelas, 21 de xuño de 2017. O Parlamento aprobou a semana pasada unha ferramenta máis sinxela para axudar aos consumidores a escoller produtos eficientes e reducir así tanto o seu consumo como as facturas enerxéticas. Os eurodeputados apoiaron o novo sistema de clasificación, da A a G, para indicar a eficiencia enerxética dos electrodomésticos, máis en liña cos progresos tecnolóxicos. O texto saíu adiante con 535 votos a favor, 46 en contra e 79 abstencións.

Os consumidores poderán elixir produtos máis eficientes, o que lles permitirá recortar o consumo e a factura da luz. Os fabricantes veranse así alentados a innovar e investir en eficiencia. As primeiras etiquetas coa nova clasificación deberán chegar ás tendas ao final de 2019. Para seguir o ritmo das melloras tecnolóxicas en eficiencia enerxética, a normativa precisa que a clasificación se revisará cando o 30% dos produtos no mercado comunitario reciban a máxima clasificación (A), ou cando o 50% estea nas franxas A e B.

Os produtos levarán as etiquetas adheridas e os consumidores poderán obter máis detalles na internet. A norma tamén establece que o fabricante deberá informar en caso de modificación da clasificación de produtos xa vendidos. A publicidade deberá incluír a clasificación enerxética e realizaranse campañas de información para explicar o novo sistema aos consumidores.

Pola súa banda, a Comisión deberá crear unha base de datos con información técnica para axudar ás autoridades nacionais a avaliar o cumprimento da normativa e un portal en liña para o público xeral, con información adicional sobre os produtos. Tamén tería que fixar directrices para a aplicación do regulamento no referido a avaliación dos produtos e intercambio de información.

                                                                                    Fonte: Parlamento Europeo


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante