Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/12/2016

Europe Direct A Coruña e a oficina do Pacto dos Alcaldes en Bruxelas organizan unha xornada informativa sobre o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

3914F_1480588850_Pacto-de-los-Alcaldes-1-1.jpg

  • O evento está dirixido a alcaldesas, concelleiras, técnicas e, en xeral, ao persoal ao servizo das entidades locais interesadas na iniciativa “Pacto dos Alcaldes”

  • A xornada celébrase o vindeiro día 15 de decembro de 2016 na Deputación Provincial da Coruña

Santiago, 1 de decembro de 2016 - Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, e a Oficina do Pacto dos Alcaldes con sede en Bruselas están a organizar a xornada “Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía”. A finalidade desta xornada é crear un foro especializado na iniciativa “Pacto dos Alcaldes” que permita aos concellos xerar mellores oportunidades financeiras para os seus proxectos en materia de clima e enerxía e dar a coñecer as boas prácticas a nivel rexional e nacional da mesma.

Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

Proclamado polo Comisario Miguel Arias Cañete como a «iniciativa urbana máis grande do mundo en materia de clima e enerxía», o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía agrupa a miles de autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da UE. Desde outubro de 2015 este pacto agrupa dúas iniciativas previas existentes (o Pacto, en materia de Enerxía, e Mayors Adapt, en materia de Clima) para implicar ás autoridades locais nos compromisos adoptados na COP 21, onde a UE leva a dianteira.

As cidades asinantes prometen actuar para alcanzar o obxectivo da UE de reducir nun 40% os gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030 e adoptar un enfoque integral para abordar a atenuación do cambio climático e a adaptación a el. Para iso, os asinantes deben preparar un Inventario de Emisións de Referencia e unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades derivados do Cambio Climático. No prazo de dous anos desde que asinan o pacto, deben presentar, ademais, un Plan de Acción para a Enerxía Sustentable e o Clima (PAESC) no que se resuman as accións crave que planean levar a cabo. Os asinantes deben tamén deseñar unha estratexia de adaptación ao cambio climático no marco do PAES ou fóra del. Este compromiso político marca o inicio dun longo proceso durante o cal os municipos deben informar cada dous anos dos avances realizados.

Máis 6.700 entidades locais europeas están xa adheridas a esta iniciativa de gobernanza multinivel que é voluntaria.

O Pacto en Galicia

En Galicia hai só seis entes locais adheridos, a maioría na provincia de Ourense da man do Observatorio da Sustentabilidade Provincial, dependente da Deputación. O Concello de Coruña é o único que conta cun plan de acción na nosa comunidade, presentado a finais de 2013. Santiago de Compostela, Carballiño, Cartelle, Xinzo de Limia e o Barco de Valdeorras forman parte da iniciativa, pero todavía non presentaron plan de acción, pois se acaban practicamente de incorporar.

En España hai tamén 8 promotores do pacto, asociacións de municipios que promoven a adopción do Pacto entre os concellos. Figura a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e varias asociacións autonómicas pero non a galega.

O programa e o formulario de suscrición para a xornada están dispoñibles aquí.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante