Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/11/2016

Aberta a convocatoria anual do Mecanismo Conectar Europa para propostas de proxectos dentro das redes de transporte trans-europeas

3896F_1478795756_c6f3ccbedffed7ea6904779a81d3dbd13d129811.jpg

  • O Mecanismo Conectar Europa conta cun orzamento total de 190 millóns de euros para esta convocatoria
  • As solicitudes poden facerse a través do Ministerio de Fomento baixo a Secretaría de Estado e Infraestruturas antes do día 7 de febreiro de 2017

Bruxelas, 10 de novembro de 2016 - O Mecanismo Conectar Europa (Transporte) é o principal instrumento de financiación da UE para implementar a política europea de infraestruturas de transporte. O seu obxectivo é apoiar os investimentos en novas infraestruturas de transporte en Europa ou a rehabilitación e mellora das xa existentes.

A convocatoria deste ano conta con 190 millóns de euros de orzamento dividido en catro áreas.

  • Proxectos para a rede básica e a rede global (110 millóns)

  • Proxectos para conectar con países limítrofes (40 millóns)

  • Servizos de transporte e mercancías (20 millóns)

  • Ruído no transporte de mercancías por ferrocarril (20 millóns)

Poden solicitar esta axuda os Estados Membros da UE de forma individual ou colectiva. Así mesmo, poderán optar a esta axuda organizacións internacionais, consorcios de empresas, empresas públicas, empresas privadas ou axencias establecidas nalgún dos Estados Membros da UE sempre e cando este o aproben. Tamén poden participar terceiros países sempre que contribúan nun proxecto de interese común.

Pódese acceder a todos os detalles da convocatoria a través de esta ligazón.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante