Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/06/2016

Os Estados membros aproban novas regras de transparencia financeira para os portos

3778F_1467306516_Untitled.jpg

  • Os xestores portuarios terán que manter contas separadas para probar o bo uso dos fondos cando reciban financiamento público
  • As novas normas afectarán a uns 300 portos da rede transeuropea de transportes

Bruxelas, 30 de xuño de 2016. O Comité de Representantes Permanentes do Consello da UE aprobou o 29 de xuño novas regras para aumentar a transparencia financeira dos portos marítimos e crear condicións máis xustas de acceso para o acceso ao servizos.

As normas fan máis eficaces os portos e garanten unha competencia xusta no sector, que dá traballo a tres millóns de persoas no espazo comunitario. As novas normas engaden transparencia ás tarifas de servizos portuarios e de infraestruturas, así como as relacións financeiras destes cos operadores e o Estado. Entre as novidades do acordo, que afecta aos 300 portos marítimos da rede transeuropea de transporte, está a obrigatoriedade dos xestores portuarios a manter contas separadas cando son beneficiarios de financiamento público para amosar o emprego dos fondos recibidos.

Os portos teñen un papel clave nos intercambios comerciais entre os países da UE e co resto do mundo, ademais da súa importancia nas cadeas de transporte intermodal e na conexión de áreas periféricas e illas. En total, o 96% das cargas e o 93% dos pasaxeiros dos portos de tránsito da UE pasan por estes portos da rede transeuropeas. Os Estados membros son libres de escoller se aplican esta regulamentación aos portos restantes.

Para evitar cargas administrativas desproporcionadas, os Estados membros teñen a capacidade de deixar fora aos portos de rexións remotas, como Réunion, Madeira ou as Illas Canarias. Tamén poden decidir non aplicar estas regras de separación de contas aos pequenos portos baixo certas condicións.

Os transportes de mercancías e servizos de pasaxeiros si se aplicarán as regras de transparencia, pero están exentos das provisións de acceso. Os Estados poderán escoller como organizar estes servizos.

Acceso a servizos portuarios

O regulamento provisional busca reducir incertezas poñendo en marcha un marco con condicións claras de acceso ao servizos portuarios na UE.

Para ter en conta a diversidade do sector na UE así como as circunstancias particulares dos Estados membros, os diferentes gobernos e os xestores portuarios terán que cumprir certos requirimentos mínimos para a provisión de servizos portuarios e restrinxir o número de provedores nalgúns casos. As condicións mínimas están relacionadas co cumprimento da lexislación laboral e social aplicable no estado membro do porto afectado. As posibilidades de limitación o número de provedores de servizos inclúe, por exemplo, a seguridade e a sostibilidade ambiental.

O texto debe ser agora aprobado polo Parlamento e polo Consello e faráo previsiblemente antes de fin do ano.

Fonte: Consello da UE


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante