Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/10/2020

O Plan de Acción de Educación Dixital 2021 - 2027

5424F_1633524864_close-table-technology-notebook-open.jpg
  • A Comisión Europea vén de presentar a súa comunicación sobre o Plan de Acción de Educación Dixital para o período 2021 – 2027 que ofrece unha visión estratéxica a longo prazo para apoiar unha adaptación sostible e eficaz dos sistemas de educación e formación dos Estados membros á era dixital
Bruxelas, 6 de outubro de 2020. O Plan de Acción de Educación Dixital 2021-2027 é unha iniciativa política renovada da UE para apoiar unha adaptación sostible e eficaz dos sistemas de educación e formación dos Estados membros da UE á era dixital. 

Aínda que a COVID-19 puxo de manifesto que se necesitan niveis máis elevados de capacidade dixital na educación e a formación, así como provocou a amplificación dunha serie de desigualdades entre quen ten acceso ás tecnoloxías dixitais e quen non, tamén supuxo un aceleramento da tendencia actual cara á aprendizaxe en liña e híbrido e puxo de manifesto unha serie de retos para os sistemas de educación e formación relacionados coas capacidades dixitais e a formación do profesorado. Este cambio fixo que se descubran formas novas e innovadoras de que os estudantes e educadores organicen as súas actividades de ensino e aprendizaxe e interactúen de maneira máis flexible en liña. Todos estes cambios requiren un esforzo firme e coordinado a nivel europeo para apoiar aos sistemas de educación e formación a fin de facer fronte aos retos identificados e  amplificados pola pandemia, á vez que se presenta unha visión a longo prazo do camiño para seguir para a educación dixital europea. 

Nesta liña, o plan ofrece unha visión estratéxica a longo prazo dunha educación dixital europea de alta calidade, inclusiva e accesible e ten como obxectivo abordar os retos e oportunidades da pandemia e buscar unha maior cooperación a escala europea en materia de educación dixital. Tamén subliña a importancia de traballar xuntos en todos os sectores para levar a educación á era dixital e presenta unha serie de oportunidades, entre as que se inclúen mellorar a calidade do ensino, favorecer a dixitalización dos métodos de ensinanza e proporcionar as infraestruturas necesarias para unha aprendizaxe a distancia inclusivo e resiliente.

Para alcanzar estes obxectivos, o Plan de Acción establece dous ámbitos prioritarios
1. Fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento
Isto inclúe infraestruturas, conectividade e equipos dixitais; planificación e desenvolvemento de capacidades dixitais eficaces; profesores e persoal de educación e formación con competencias dixitais; contidos de aprendizaxe de alta calidade, ferramentas fáciles de usar e plataformas seguras que respecten as normas sobre privacidade dixital e as normas éticas.

As accións do eido prioritario número un son:
Acción 1 Diálogo estratéxico cos Estados membros sobre os factores que farán posible o éxito da educación dixital
Acción 2 Recomendación do Consello sobre ensino mixto para a educación primaria e secundaria
Acción 3 Marco Europeo de Contidos de Educación Dixital
Acción 4 Conectividade e equipos dixitais para a educación
Acción 5 Plans de transformación dixital para institucións de educación e formación
Acción 6 Intelixencia artificial e uso de datos na educación e a formación 

2. Mellorar as competencias e capacidades dixitais para a transformación dixital
Isto require capacidades e competencias dixitais básicas desde unha idade temperá; alfabetización dixital, incluída a loita contra a desinformación; educación informática; bo coñecemento e comprensión das tecnoloxías intensivas en datos tales como a intelixencia artificial; capacidades dixitais avanzadas que xeren máis especialistas dixitais; velar por que as nenas e as mulleres novas estean representadas por igual nos estudos e carreiras dixitais.

As accións do eido prioritario dous son:
Acción 7 Directrices comúns para o persoal docente e educativo respecto ao uso da educación e a formación como medio para fomentar a alfabetización dixital e abordar a desinformación 
Acción 8 Actualizar o Marco Europeo de Competencias Dixitais para que inclúa a intelixencia artificial e as capacidades relacionadas cos datos
Acción 9 Certificado europeo de capacidades dixitais (EDSC)
Acción 10 Recomendación do Consello sobre a mellora da oferta de capacidades dixitais na educación e a formación
Acción 11 Recompilación transnacional de datos sobre as capacidades dixitais dos estudantes e introdución dun obxectivo da UE para a competencia dixital dos estudantes
Acción 12 Prácticas de oportunidade dixital
Acción 13 Participación das mulleres nas materias CTIM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas)

Ademais, para apoiar ambos ámbitos prioritarios, a Comisión creará un Centro de Educación Dixital que reforce a cooperación e o intercambio en materia de educación dixital a escala europea.
Contexto 
A necesidade dun novo Plan de Acción, baseado no primeiro Plan de Acción de Educación Dixital (2018-2020), expresouse nas orientacións políticas da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, en xullo de 2019. 

O Plan de Acción contribúe á prioridade da Comisión «unha Europa adaptada á era dixital» e ao NextGenerationEU. Tamén apoia o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, cuxo obxectivo é crear unha UE máis ecolóxica, dixital e resiliente.  Ademais, tratase dun factor clave para materializar o obxectivo de lograr un Espazo Europeo de Educación de aquí a 2025. Contribúe á consecución dos obxectivos da Axenda de Capacidades Europea, o Plan de Acción do Pilar Europeo de Dereitos Sociais e ao «Compás dixital 2030: o enfoque europeo para a década dixital».

Más información: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante