Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/03/2021

A Comisión adopta o primeiro programa de traballo de Erasmus+ 2021-2017

5295F_1616761756_eva-darron-oCdVtGFeDC0-unsplash.jpg
  •   Cun orzamento de 26 200 millóns de euros, o novo programa Erasmus+ tratará de ser aínda máis inclusivo e de apoiar as transicións ecolóxica e dixital, e a resiliencia dos sistemas de educación e formación fronte á pandemia.
Bruxelas, 26 de marzo de 2021. A Comisión vén de adoptar o primeiro programa de traballo anual de Erasmus+ 2021-2027. Cun orzamento de 26 200 millóns de euros, complementado cuns 2 200 de millóns procedentes de instrumentos exteriores da UE, o programa financiará proxectos de mobilidade e cooperación transfronteiriza relacionados coa aprendizaxe para 10 millóns de europeos. Tratará de ser aínda máis inclusivo e de apoiar as transicións ecolóxica e dixital, tal como establécese no Espazo Europeo de Educación e a  resiliencia dos sistemas de educación e formación fronte á pandemia.

A adopción do programa de traballo anual achanda o camiño para as primeiras convocatorias de propostas no marco do novo programa Erasmus+. Calquera organismo público ou privado activo nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte pode solicitar financiamento, coa axuda das axencias nacionais de Erasmus+ con sede en todos os Estados da UE e terceiros países asociados ao programa. O novo programa ofrece oportunidades para períodos de estudo no estranxeiro, prácticas, programas de aprendizaxe profesional e intercambios de persoal en todos os ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte. Está aberto a escolares, estudantes de educación superior e FP, estudantes adultos, intercambios de mozos, traballadores no ámbito da mocidade e adestradores deportivos.

Ademais da mobilidade, que representa o 70 % do orzamento, Erasmus+ tamén inviste en proxectos de cooperación transfronteiriza. Estes poden ser entre institucións de educación superior; centros docentes; centros de ensino e formación do profesorado; centros de aprendizaxe de adultos; organizacións xuvenís e deportivas; provedores de educación e FP; e outros actores no ámbito da aprendizaxe.

As principais características do programa Erasmus+ 2021-2027 son as seguintes:
Inclusivo: ofrecerá mellores oportunidades ás persoas con menos oportunidades, incluídas as persoas con orixes culturais, sociais e económicos diversos, e ás persoas que viven en zonas rurais e remotas. As novidades inclúen intercambios individuais e de clases para alumnos en idade escolar e mobilidade para alumnos adultos. Será máis fácil que as organizacións máis pequenas poidan presentar solicitudes grazas ás asociacións a pequena escala e ao uso de subvencións simplificadas. O programa tamén será máis internacional para cooperar con terceiros países, baseándose nos éxitos do programa anterior con proxectos de intercambio e cooperación en todo o mundo, ampliándose agora tamén ao deporte e aos sectores da educación e a formación profesionais.
Dixital:  Erasmus+ apoiará o desenvolvemento de capacidades dixitais, en consonancia co Plan de Acción de Educación Dixital. Ofrecerá formación e intercambios dixitais de alta calidade a través de plataformas como  eTwinning ou o Portal Europeo de Mocidade, e fomentará os períodos de prácticas no sector dixital. Os novos formatos, como os programas combinados intensivos, permitirán complementar a mobilidade física de curta duración no estranxeiro coa aprendizaxe en liña e o traballo en equipo. A aplicación do programa dixitalizarase e simplificará aínda máis co pleno despregamento da Tarxeta Europea de Estudante.
Ecolóxico: En consonancia co Pacto Verde, o programa ofrecerá incentivos financeiros aos participantes que utilicen modos de transporte sostibles. Tamén investirá en proxectos que promovan a sensibilización sobre cuestións ambientais e facilitará os intercambios relacionados coa mitigación da crise climática.
Para os mozosDiscoverEU convértese agora en parte integrante de Erasmus+ e ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de obter un bono de tren para viaxar por Europa, aprender doutras culturas e coñecer a outros europeos. Así mesmo, tamén apoiará oportunidades de intercambio e cooperación a través de novas actividades de participación para mozas na vida democrática, sensibilizando sobre os valores europeos compartidos e os dereitos fundamentais, ademais de reunir aos mozos e aos responsables políticos a nivel local, nacional e europeo.
O esforzo de  resiliencia de Erasmus+ mobilizará por centos de miles de escolas, institucións de educación superior, institutos de FP, profesores, novos, organizacións xuvenís e deportivas, a sociedade civil e outras partes interesadas. O programa contribuirá a acelerar novas prácticas que melloren a calidade e a pertinencia dos sistemas de educación, formación e mocidade en toda Europa, a nivel nacional, rexional e local.

Antecedentes
Coñecido como Erasmus+ desde 2014, cando ampliou o seu ámbito de actividades, os europeos clasifican este emblemático programa como o terceiro resultado máis positivo da UE, xusto despois da libre circulación e a paz. Nas tres últimas décadas, máis de 10 millóns de persoas participaron no programa, en 33 países (UE máis Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía). O brazo internacional de Erasmus+ ofrecerá mobilidade e cooperación en materia de educación, formación, mocidade e deporte en todo o mundo.

Máis información: Comisión Europea
Ficha informativa sobre o novo programa Erasmus+ 2021-2027
Programa de traballo anual de 2021 para a aplicación de «Erasmus+»: Programa de educación, formación, mocidade e deporte da Unión
Convocatorias de propostas para o programa Erasmus+ 2021


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante