Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/07/2019

Aberto o prazo de recepción de candidaturas para os premios #BeInclusive do deporte

Premios beinclusive_ Fonte: Comisión Europea.jpg
Os premios europeos #BeInclusive recoñecen a asociacións e organizacións que fomentan a inclusión de grupos en risco de exclusión social por medio do deporte. A Comisión Europea invita a participar a todas as organizacións europeas, tanto públicas como privadas, que teñan desenvolvido proxectos relacionados coa promoción da actividade deportiva co obxectivo de derribar barreiras e crear unha sociedade máis inclusiva.

No pasado ano a Dirección Xeral de Educación, Xuventude, Deporte e Cultura premiou ao Judo Club for people with disabilities Fuji (Croacia), Fit4Life (Finlandia) e a Sport & Refugees (Alemaña). Todos estes proxectos teñen en común o uso dos valores do deporte para axudar a diferentes grupos, como mozos con discapacidade, mulleres multiculturais ou refuxiados a integrarse nas sociedades ás que pertencen.

As candidaturas poderán presentarse ata o 23 de xullo de 2019 ás 12:00. Os proxectos serán avaliados en función do grao no que contribúen á inclusión social baseados nos criterios de relevancia, calidade da proposta, impacto e a relación custo-beneficio. Os aspirantes deberán crear unha conta no European Comission Authentication Service (ECAS) e con posterioridade rexistrarse no Portal de Participantes para recibir o código de identificación para os premios.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante