Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/06/2019

A Comisión Europea anuncia o lanzamento dun carné electrónico de estudante da UE para o ano 2025

A Comisión Europea ten previsto lanzar o carnet electrónico de estudante da UE para o ano 2025. Fonte: © European Union 2017. Fotógrafo: José Jordán.jpg
  • O obxectivo desta iniciativa é mellorar a calidade da mobilidade dos estudantes en Europa.
Bruxelas, 11 de xuño de 2019. A Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura (DG Education, Youth, Sport and Culture), acaba de anunciar a súa intención de lanzar para o ano 2025 un carné estudantil electrónico de rango europeo. Este carné electrónico de estudante da UE permitirá a todos os mozos universitarios da Unión inscribirse fácilmente por vía electrónica no centro educativo de acollida e, deste xeito, ter acceso aos servizos transfronteirizos en liña para estudantes cando se despracen ao estranxeiro. Esta medida eliminará a necesidade de procedementos e trámites burocráticos no sitio de acollida. 

O EU Student eCard tamén permitirá unha comunicación segura e sen fisuras entre os sistemas de información das institucións de ensino superior de Europa, xunto ao recoñecemento automático e ubicuo da condición e identidade dos estudantes, o intercambio electrónico de datos académicos, así como o acceso ao campus en liña e a outros servizos para estudantes, cun alto grao de seguridade.

Unha iniciativa con vistas a mellorar a mobilidade estudantil 
A iniciativa europea do carné electrónico de estudante forma parte do Plan de Acción sobre Educación Dixital, cuxo obxectivo é mellorar a calidade da mobilidade dos estudantes en toda Europa. O plan inicial é poñer a tarxeta electrónica a disposición de todos os estudantes para o ano 2025. Os beneficios van máis aló da comunidade universitaria, xa que reducirá os procedementos administrativos para as institucións de educación superior e o potencial de posibles erros, evitando así a entrada manual de datos, as duplicacións, etc.

A proposta está vinculada ás normas de identificación electrónica da UE (Regulamento  eIDAS) e ten por obxecto reutilizar varios bloques de construción do CEF para proporcionar un intercambio electrónico transfronteirizo sen fisuras de datos e documentos de estudantes baseado no principio de Entrada Única de Ligazón Dixital.

Como primeiro paso, os servizos electrónicos das institucións de ensino superior conectaranse cos nodos de identificación electrónica dos Estados membros que se aplican no marco do Regulamento eIDAS. Isto permitirá aos estudantes rexistrarse a si mesmos (ou os seus outros datos académicos relacionados) e utilizar os servizos en liña da institución de ensino superior doutro Estado membro cos medios nacionais de identificación electrónica do seu país de orixe.

A iniciativa está interrelacionada con varios proxectos dixitais do programa Erasmus + destinados a simplificar a mobilidade dos estudantes universitarios: Erasmus sen papel; o proxecto da Tarxeta de Estudante Europea; a Aplicación Móbil Erasmus+ e EMREX. Todos estes proxectos son supervisados pola Dirección Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura da Comisión Europea.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante