Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/06/2019

Xornada Informativa sobre convocatorias de financiación relacionadas co Corpo Europeo de Solidariedade

Corpo Europeo de Solidariedade.png
Santiago, 5 de xuño de 2019. A Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) organizará, o próximo 13 de xuño de 2019, unha xornada informativa en materia de Equipos de Voluntariado en Áreas de Alta Prioridade, dependientes do Corpo Europeo de Solidariedade. O evento ten coma obxectivo servir coma fonte de información sobre as convocatorias de financiación relacionadas con estes equipos.

A EACEA ofrecerá información práctica sobre como presentar unha boa proposta. Por outra banda a Dirección Xeral de Educación, Xuventude, Deporte e Cultura exporá o contexto xeral da política europea neste asunto e os obxectivos concretos do Corpo Europeo de Solidariedade. Aqueles que podan asistir ao evento en persoa terán a oportunidade de achegarse a un mostrador de información para resolver calquera dúbida e aprovechar a ocasión para ampliar a súa rede de contactos.

Que ofrece esta Xornada Informativa?
Tanto os asistentes de forma presencial como online terán acceso a múltiples documentos ao longo do evento:

As presentacións estarán dispoñibles na páxina web da EACEA. Durante o evento poderase asistir de forma presencial (MCE Hötel de La Poste, Bruselas), seguir en directo as sesións de forma remota e participar a través do chat da aplicación Connexe me. Posteriormente, calquera entidade ou persoa interesada terá acceso ás grabacións de tódalas sesións.

Programa
  • 8:30 – 9:30 Rexistro de participantes
  • 9:30-10:00 Discurso de benvida
  • 10:00-10:30 Corpo Europeo de Solidariedade – Marco lexislativo
  • 10:30-11:00 Presentación do Contexto Institucional, Roles e Responsabilidades
  • 11:00-11:30 Descanso e networking
  • 11:30-12:30 Presentación de Equipos de Voluntariado en Áreas de Alta Prioridade e procesos de selección.
    • Selo de calidade
    • Criterios de elexibilidade e admisibilidade
    • Proceso de solicitude
    • Proceso de presentación
  • 12:30-14:00 Descanso para comida e networking
  • 14:00-16:00 Sesións de traballo paralelas (2/q hora cada unha)
    • Como preparar unha solicitude exitosa?
    • Proceso de Avaliación
  • 16:00-16:45 Mostrador de información
    • Selo de calidade
    • Presentación e Avaliación
    • Presuposto e cuestións financieiras
  • 16:45-17:00 Clausura e cocktail

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante