Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/02/2019

Juvenes Translatores: a Comisión Europea anuncia os gañadores do seu concurso anual de tradución para centros de ensino

Juvenes Translatores .jpg
  • A galega Sara Picos Gómez, alumna do centro IES de Brión de A Coruña, foi a gañadora de España
  • É a segunda vez que o IES de Brión consegue este recoñecemento e a terceira que este premio se lle concede a un alumno galego 
  • Os gañadores viaxarán agora a Bruxelas para recoller o seu premio e reunirse con tradutores profesionais da Comisión Europea
Bruxelas, 11 de febreiro de 2019. A Comisión Europea vén de anunciar os autores das mellores 28 traducións sobre o tema do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, dentro do seu concurso anual «Juvenes  Translatores», dirixido a estudantes de secundaria. Os traductores da Comisión Europea (organizadores do concurso) seleccionaron os gañadores de entre os 3.252 participantes deste ano, procedentes de 751 centros escolares de toda Europa.  Por parte de España a gañadora foi a galega Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión en A Coruña.

O IES de Brión consegue así que este premio recaia por segunda vez consecutiva nun estudante do seu centro. Na edición anterior o gañador foi Pablo Villar Abeijón. Ademais de no 2017 e 2018 o premio Juvenes Translatores tamén foi a parar a un centro educativo galego no 2008, sendo o ganador Samuel Darriba Real, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. 

A edición do concurso  Juvenes  Translatores deste ano tivo lugar o 22 de novembro e desenvolveuse simultaneamente en todos os centros escolares participantes. Os estudantes que participaron no concurso utilizaron 154 das 552 combinacións lingüísticas posibles entre cada unha das 24 linguas da UE. Algunhas das opcións máis interesantes son as traducións do portugués ao  neerlandés ou do húngaro ao  finés.

Juvenes Translatores
A Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea organiza cada ano desde 2007 o concurso  Juvenes  Translatores («novos tradutores» en latín). 

O concurso « Juvenes  Translatores» pretende fomentar a aprendizaxe de linguas nos centros de ensino e dar aos mozos unha idea do que é o traballo de tradutor. O concurso, aberto a estudantes de ensino secundario de 17 anos de idade, celébrase simultaneamente en todos os centros seleccionados da UE.

A tradución foi parte integrante da UE desde que se creou por primeira vez a Comunidade e foi obxecto do primeiro Regulamento (o Regulamento (CEE)  n.º 1 do Consello), adoptado en 1958. Desde entón, o número de linguas aumentou de 4 a 24, a medida que se ampliou a UE.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante