Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/10/2016

2 500 millóns de euros dispoñibles para Erasmus + en 2017, un aumento do 13 % en comparación con 2016 e aumento récord desde o inicio do programa Erasmus +

3878F_1477057326_erasmus.jpg A Comisión Europea publicou hoxe a súa convocatoria de propostas de 2017 para Erasmus+, o programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte. Para 2017, os fondos dispoñibles no programa incrementáronse en case 300 millóns EUR respecto de 2016, o que tamén representa un aumento anual de fondos récord desde o primeiro ano do programa Erasmus + (2014). Beneficiará non só aos estudantes Erasmus, senón tamén aos profesores, os aprendices, os voluntarios e os mozos implicados en proxectos deportivos, apoiando ao mesmo tempo a cooperación entre institucións educativas, organizacións xuvenís e empresas.

Do mesmo xeito que en 2016 darase prioridade aos proxectos destinados a promover a inclusión social. Tibor Navracsics, Comisario de Educación, Cultura, Mocidade e Deporte, declarou: «estou moi satisfeito de que dispoñamos de 2 500 millóns de euros en 2017 para seguir avanzando nas nosas actividades para chegar a un amplo abanico de persoas con diferentes intereses, diferente perfil e distinto contexto social. En vésperas do seu 30º aniversario o próximo ano, Erasmus + alcanza a velocidade de cruceiro e ofrece máis oportunidades que nunca a proxectos e persoas».

O aumento de orzamento constitúe un recoñecemento do impacto positivo do programa na vida e proxectos persoais de cidadáns de toda Europa. Como o Presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, destacou no seu discurso sobre o estado da Unión Europea o 14 de setembro, Erasmus +reviste gran importancia, xa que ofrece aos cidadáns a posibilidade de desprazarse, viaxar, traballar, estudar ou formarse nos países de toda a UE. Os fondos dispoñibles para 2017 utilizaranse tamén para establecer o Corpo Europeo de Solidariedade anunciado no mesmo discurso. A partir de hoxe as organizacións que desexen solicitar fondos poden comezar a preparar as súas solicitudes de subvención. Pódese atopar máis información en liña.

Fonte: Comisión Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante