Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/10/2016

Un novo informe europeo confirma un incremento nas retribucións dos profesores, pero tamén grandes diferenzas nas condicións salariais

3874F_1476790824_eurydice20162.JPG Os salarios dos profesores en xeral seguen aumentando en Europa. Este é o resultado dun informe elaborado pola rede Eurydice da Comisión Europea publicado o pasado 5 de decembro para conmemorar o Día Mundial dos Profesores.

O informe, que se publica cada ano, mostra que os salarios aumentaron en 24 países o pasado ano, nuns casos como resultado dos axustes salariais de todos os empregados públicos, noutros debido a incrementos salariais dirixidos especificamente aos profesores. Fronte a aumentos significativos en 2016, por exemplo, en Bulgaria, Estonia, Lituania, Austria e Romanía, os salarios mantivéronse no mesmo nivel en Francia e Bélxica e seguen actualmente conxelados en Italia, Chipre e Liechtenstein.

O informe mostra que o salario e as condicións varían considerablemente dun país europeo a outro: iso non se refire unicamente ao nivel do soldo base, senón tamén ás diferenzas entre soldo base mínimo e máximo e ao número de anos de servizo necesarios para lograr o máximo.

Tibor Navracsics, Comisario de Educación, Cultura, Mocidade e Deporte, declarou o seguinte: «uns bos profesores e directores de centros de ensino son cruciais para o éxito educativo dos nenos. Por tanto, debemos garantir que estas profesións sexan atractivas e gocen do debido respecto en todos os países de Europa. As condicións de traballo e os salarios son factores crave para lograr os mellores candidatos e manter a excelentes profesores e directores na profesión

O informe é unha análise comparativa que abarca todos os Estados membros da UE e Bosnia e Herzegovina, Islandia, Liechtenstein, Montenegro, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Noruega, Serbia e Turquía. Tamén inclúe información detallada por país.

Máis información sobre a distribución do persoal docente por xénero no ensino primario e secundario publicouse por Eurostat o 4 de outubro. O informe completo pode atoparse aquí.

Fonte: Comisíón Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante