Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/10/2016

InterRail: datos e cifras sobre este billete de tren europeo

3873F_1476789501_CARTE-NEW-def.jpg
  • A idea de regalar un billete de tren europeo InterRail aos mozos de 18 anos foi ben recibida polos membros do Parlamento Europeo. Pero, ¿A cantos países pódese viaxar con este pase?, ¿Quen poden usalo? ou ¿Cantos mozos cumprirán 18 anos en 2017? Para coñecer as respostas a todas estas preguntas, consulte a infografía que o Parlamento Europeo elaborou cos datos máis relevantes do sistema InterRail.

O 4 de outubro os eurodeputados discutiron e apoiaron a idea de conceder un pase InterRail gratuíto aos mozos e mozas europeos cando cumpran 18 anos. Este agasallo axudaríalles a experimentar a diversidade de Europa, entenderse mellor e coñecer o continente, segundo os membros da Eurocámara.

O billete InterRail permite viaxar en tren ao longo de 30 países europeos durante un mes.

Desde 1972, cando se creou este sistema, millóns de mozos e mozas europeos viaxaron por Europa co InterRail, pero a un prezo de centos de euros por billete.

Fonte: Parlamento Europeo


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante