Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/09/2016

Dous seminarios en Bruxelas explorarán a innovación educativa no ensino de linguas e a través das TIC

3842F_1473698872_Untitled.jpg

  • Os dous eventos abordarán as oportunidades que as novas tecnoloxías abren á ensinanza, como os cursos masivos e en aberto (MOOC)

Bruxelas, 12 de setembro de 2016. Bruxelas acollerá nas vindeiras semanas dous seminarios sobre innovación educativa, especialmente interesantes para as autoridades locais e rexionais. O primeiro deles terá lugar os días 26 e 27 de setembro con motivo do Día Europeo das Linguas, que se celebra cada 26 de setembro por iniciativa do Consello de Europa para promover a diversidade lingüística no continente. O seminario preséntase baixo o título A educación aberta: Promovendo a Diversidade para as Linguas Europeas, e está organizado por LangOER, unha rede de colectivos que traballan para mellorar a ensinanza e a aprendizaxe das linguas minoritarias a través de Recursos Educativos Abertos (OER) e Prácticos (OEP), en colaboración coa Educational Repositories Network (EdReNe). Este seminario centrarase no papel pedagóxico das TIC no ensino de linguas, por exemplo, a través dos cursos online masivos e en aberto, os chamados MOOC polas súas siglas en inglés. Estes recursos educativos en aberto supoñen unha gran oportunidade para os interesados nas linguas minoritarias, pero á vez o seu desenvolvemento vese ás veces limitado polo investimento público ou o tamaño do mercado.

Ademais, como evento paralelo da Semana Europea das Rexións e das Cidades que se celebra en Bruxelas entre os días 10 e 13 de outubro, a rede European Schoolnet organiza un seminario dedicado ás TIC e á innovación na ensinanza e ás oportunidades que estas ofrecen para a inclusión social nas rexións e cidades. O seminario celebrarase o mércores 12 de outubro e será unha boa oportunidade para que técnicos das administracións locais coñezan as transformacións que as novas tecnoloxías están imprimindo no sector educativo. O programa ten unha duración de unha hora e 15 minutos e será ofrecido catro veces, para que os asistentes aos eventos da Semana Europea das Rexións e das Cidades poidan participar nas actividades escollendo a franxa horaria que máis lles conveña. Cada un dos períodos terá un aforo limitado a 20 persoas.

European Schoolnet é unha rede formada por 30 ministerios de educación de Europa, con sede en Bruxelas. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro que traballa para fomentar a innovación educativa entre os responsables educativos nacionais, rexionais e locais, escolas, profesores, investigadores e industria.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante