Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/11/2011

A UE financia un arquivo de fotografías históricas accesible para todos os cidadáns europeos

Bruxelas, 7 de novembro de 2011.– O Programa de apoio á política en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), como parte do programa marco para a innovación e a competitividade (CIP), financiará o proxecto Euro-Photo.

Este proxecto ten como obxectivo dixitalizar fotografías históricas procedentes dos arquivos das dez principais axencias europeas de novas, un total de 150.000 documentos, e poñelas a disposición do público a través de Europeana, xunto cos documentos xa publicados en formato dixital. Esta plataforma, lanzada en 2008, basease nun proxecto financiado pola Comisión Europea que ten como fin favorecer a accesibilidade do público ao patrimonio cultural e científico europeo.

Polo momento, os contidos xa publicados só están dispoñibles nos Países Baixos, pero con este proxecto búscase desenvolver un único arquivo de documentos históricos dispoñibles para todos os cidadáns europeos.

Máis información


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante