Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/01/2011

O Programa Marie Curie destinará 40 millóns de euros a financiar becas para investigadores en Europa

  • Este Programa financiará un total de 400 becas de 100.000 euros cada unha para investigadores de calquera nacionalidade
  • As axudas están destinadas a doutorados que comecen o seu primeiro traballo de investigación a tempo completo nun instituto de investigación europeo
  • As Accións Marie Curie son parte do Programa Xente que se inclúe dentro do Sétimo Programa Marco para investigación e desenvolvemento tecnolóxico

Bruxelas, 20 de xaneiro de 2011. O Programa Marie Curie financiará un total de 400 becas de 100.000 euros cada unha destinadas a investigadores que comecen o seu primeiro traballo de investigación a tempo completo nun instituto de investigación europeo durante o 2011. O obxectivo destas becas, que contan cun orzamento de 40 millóns, é animar aos científicos europeos a volver a Europa, así como atraer aos mellores investigadores junior doutras nacionalidades para traballar nas universidades europeas, compañías e outras institucións.

”Se queremos progresar no ámbito científico e afianzar a innovación en Europa, debemos asegurarnos de que é un lugar atractivo para os investigadores europeos, e tamén necesitamos atraer aos mellores talentos do estranxeiro” afirmou Androulla Vassiliou, o Comisario Europeo responsable de Educación e do Programa Marie Curie.

 Segundo o documento de traballo sobre emprego e mobilidade entre titulares de doutorados da Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento (OECD), case o 30% dos titulares de doutorados europeos traballaron fora de Europa nos últimos dez anos, e unha parte importante deles fixérono en Estados Unidos. Entre as razóns alegadas para esta ‘fuga de cerebros’ atópanse un mellor apoio financeiro e un mellor clima para a innovación.

 

Quen pode solicitala?

 Estas becas están dispoñibles para investigadores de calquera nacionalidade. O financiamento está destinado ao nivel post-doctoral e non hai restrición en canto á área de investigación. A data límite para presentar as solicitudes é o 8 de marzo de 2011.

Un grupo independente de expertos europeos e internacionales de alto nivel evaluarán e seleccionarán aos beneficiarios das becas. As Accións Marie Curie son parte do Programa Xente que se inclúe dentro do Sétimo Programa Marco para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

 

Previsión de 7000 novos empregos

En 2011, estas Accións estarán apoiadas por un orzamento de 772 millóns de euros, co que se pretende crear 7000 novos postos de traballo. As Accións Marie Curie, ademais das subvenciones individuais, tamén apoian a candidatos co título de Doutor, asociacións entre o mundo académico e a industria e intercambios a corto prazo.

Máis información


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante