Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/11/2009

A UE convoca bolsas para mozos investigadores europeos en China

Bruxelas, 27 de novembro de 2009. O programa de bolsas no ámbito de ciencia e tecnoloxía China 2008-2011 (STF China), ten como obxectivo reforzar a cooperación da Unión Europea e a China no ámbito da ciencia e tecnoloxía a través da promoción da mobilidade de mozos investigadores da UE sostendo vínculos significativos e duradeiros entre as institucións de China e a UE.

As 30 bolsas dispoñibles cunha duración de dezaoito meses consisten nun adestramento específico de seis meses da cultura, a lingua chinesa e da investigación en Beicín e do período práctico de da investigación nunha organización anfitrioa chinesa.

As bolsas poden solicitaras mozos investigadores dos países membros da UE en posesión dun titulo universitario ou posgrao, cun mínimo de dous anos de experiencia en investigación práctica, ou estudantes que preparan un proxecto de investigación a realizar en China.

A data límite para a presentación de solicitudes é do 4 de xaneiro de 2009.

Máis información


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante