Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/09/2014

Máis estudantes en Formación Profesional e menos en Bacharelato

Vigo, 12 de setembro de 2014. - A Formación Profesional xa non parece ser o patiño feo do ensino, onde se aparcaba aos malos alumnos. Cada vez máis estudantes apostan por apuntarse á FP para buscar unha saída laboral. Cala a mensaxe das autoridades de que é unha boa opción e de que a súa formación práctica é un carné para dar o salto ao mercado de traballo. Aínda que os datos aínda non son definitivos, a matrícula nos centros de Formación Profesional crece para o curso que empeza o luns un 5% con respecto ao pasado ano. Son 2.626 alumnos máis e xa suman 53.700, segundo as cifras provisionais da Consellería de Educación. En cambio, cae o estudiantado en Bacharelato. Pouco, pero cae. Un 0,6% menos, que traducido a cifras absolutas son 189 mozos menos. Son 30.463 e quédanse moi por debaixo dos matriculados en FP.

O mércores arrincaron as clases para algo máis de 200.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria, que estreaban a LOMCE. O próximo luns a volta ao cole é para outros tantos estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial. Como a aplicación da nova lei educativa é progresiva aínda non lles toca inaugurar a lei Wert. Son 88.529 alumnos de ESO, 539 máis que o pasado curso e a maioría estudan en centros públicos (62.402) fronte a 24.301 de colexios concertados e 1.826 de centros privados.

Un terzo dos mozos que estudan Secundaria aposta logo por cursar o Bacharelato coa intención de ir logo á Universidade. Son 30.463, 189 menos que o ano anterior. E tamén a gran maioría deles están matriculados en institutos públicos. 25.960 fronte aos 4.773 que fan estudos en centros privados, onde o custo do curso o pagan integramente os pais.

Hai xa máis mozos matriculados en FP que en Bacharelato. Pero non é unha novidade, pasa así dende hai uns anos observan na Consellería de Educación, que tamén explica que as aulas de Formación Profesional se enchen tamén con universitarios xa licenciados e no paro que buscan completar formación ou parados sen formación que queren mellorar curriculum. Tamén hai casos de mozos que fan un ciclo e logo se apuntan a outro mentres non encontran traballo.

Os 53.700 alumnos de FP deste curso inclúen aos estudantes de FP ordinaria, a nova FP Básica, pensada para estudantes en risco de abandonar o colexio, a FP a distancia, a FP a dual e o segundo curso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, que serven para dar un título a traballadores con experiencia laboral pero sen formación.

Hai un colectivo máis reducido tamén chamado ao luns a volver á rutina das clases. Son os estudantes das ensinanzas de réxime especial, de música, danza e artes plásticas.

En réxime especial, hai 16.287 estudantes e son adultos que teñen a opción de estudan a distancia ou de forma semipresencial. A matrícula crece un 1,4% con respecto ao pasado curso.

Un total de 8.328 alumnos aprenden música nos conservatorios e outros centros autorizados. Son un 2,3% máis. 366 cursan danza, 4 máis que o ano anterior, e 165, 6 máis que fai un curso, se decantaron por arte dramática. Os que apostan por artes plásticas e deseño son 1.670, un 3,7% máis que hai doce meses. E en ensinanzas deportivas rexístranse 451 alumnos, un 3,2% máis.

As clases para todos eles están á volta do fin de semana, pero a inauguración oficial atrásase un día. O martes os reis de España abrirán o curso escolar en Galicia. Felipe VI e Letizia visitarán ás 12.30 o colexio de Educación Infantil e Primaria Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense. Profesores, pais e estudantes foron convocados a unha protesta para denunciar os recortes no ensino público.

(Fonte: Faro de Vigo)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante