Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/06/2014

Cultura e Educación destina 300.000 euros aos 23 gañadores na 1ª convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional

  • Un total de 100 empresas e entidades participaron na proposta
  • Os centros puideron participar en dúas modalidades distintas: innovación tecnolóxica ou científica, e didáctica
  • Entre outros criterios, valorouse especialmente a mellora que o proxecto supoña na empregabilidade do alumnado, a apertura de oportunidades de emprendemento ou a participación de outros centros, empresas ou entidades

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014.- A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, premia a 23 proxectos de 16 centros, dun total de 63 proxectos de 50 centros que concorreron ao premio de innovación ao desenvolvemento na F.P, co obxectivo de potenciar o emprendemento, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecementos entre centros educativos, empresas e outras entidades, buscando a calidade e a excelencia na Formación Profesional. Os proxectos gañadores recibirán orzamento para o financiamento de parte do seu desenvolvemento.

Cómpre salientar a alta participación na convocatoria dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), un total de 14 dos 17 que dependen da Consellería de Educación. Ademais estes 14 centros coordinan 36 dos proxectos presentados (o 57% do total) e participan nun total de 42 (0 66,7% dos presentados)

Un total de 100 empresas ou entidades de prestixio participaron nas iniciativas propostas, tanto universidades como centros educativos e empresas estranxeiras e galegas de gran potencias e proxección internacional, incluíndo algunhas coas que a Consellería xa está a colaborar no eido da formación en centros de traballo do alumnado da FP, así como a través de colaboración e donación de material aos centros educativos.

Os premiados

Os centros presentaron os proxectos nas dúas modalidades da convocatoria,a A, para a Innovación tecnolóxica ou científica; ou a B, para a Innovación didáctica. A primeira delas dedícase a iniciativas para a mellora de procesos de produción e/ou de prestación de servizos, orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o entorno produtivo. Os centros premiados nesta categoría foron o IES Monte Neme con dous proxectos, o IES Universidade Laboral de Ourense e o IES Antón Losada Diéguez cada un deles cun proxecto, e os CIFP Politécnico de Santiago, Ánxel Casal-Monte Alto, A Carballeira-Marcos Valcárcel, ademais do Valentín Paz Andrade e o Someso, este último con dous proxectos.

A modalidade B contempla proxectos que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais, orientados á introdución e aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, instrumental ou maquinaria na aula ou taller, entre outras iniciativas novidosas. Os galardoados nesta variante foron os IES Universidade Laboral de Culleredo con dous proxectos e o IES Nº1 de Ordes cun único proxecto, e os CIFP Politécnico de Santiago, con tres proxectos, e o Politécnico de Lugo e o Manuel Antonio con dous proxectos cada un deles, e o Portovello, A Granxa e Carlos Oroza cun único proxecto cada un deles. Cabe salientar que 16 dos 23 proxectos premiados (un 70%) son coordinados por centros pertencentes á rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia.

(Fonte: Xunta de Galicia)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante