Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/06/2014

Proxectos experimentais de formación profesional dual en Galicia

3236F_1402934213_fp_dual.jpg

Santiago, 16 de xuño de 2014.- A Consellería de Educación convoca proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos en colaboración con diversas entidades.

Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos no caso dos ciclos de grao superior
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo

Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual

A Coruña

CIFP Someso

Peiteado e cosmética capilar. Entidade colaboradora: Loida, S.A.

Electromecánica de vehículos automóbiles. Entidade colaboradoraAsociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Mecatrónica industrial. Entidade colaboradora: Financiera Maderera, S.A. e Foresa Industrias Químicas del Noroeste, S.A.

Electromecánica de vehículos automóbiles. Entidade colaboradora: Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Ourense

IES Universidade Laboral

Carrozaría. Entidade colaboradora: Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi)

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Dirección de cociña. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.

Dirección de servizos en restauración. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.

Xestión de aloxamentos turísticos. Entidade colaboradora: Arlea Hotels, S.L.U.

Vigo

IES Ricardo Mella

Administración e finanzas. Entidade colaboradora: Bosch Security Systems, S.A.U.

IES A Guía

Xestión comercial e márketing. Entidade colaboradora: Media Markt Saturn Administración España, S.A.U.


Cada solicitante presentará unha única solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 13.00 horas do día 27 de xuño de 2014.

As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED513A

Máis información no DOG do 16 de xuño de 2014 

(Fonte: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante