Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/11/2014

Aval Xóvenes ofrece exemplos de emprendemento local

  • Os mozos que participan na experiencia da Xunta e Fonteboa asistirán a unhas xornadas sobre oportunidades

Carballo, 12 de novembro de 2014. - Os participantes no programa Aval Xóvenes, que puxeron en marcha a Dirección Xeral de Xuventude e Fonteboa para mellorar as posibilidades de inserción no mercado laboral dos menores de 30 anos, está a punto de entrar na súa recta final. Agora a idea é mostrar aos futuros emprendedores tanto exemplos locais como doutros puntos de Galicia, para o que se organizarán unhas xornadas que comezarán mañá no edificio de servizos múltiples de Coristanco.

O primeiro día daranse a coñecer varias iniciativas emprendedoras de distintas características e haberá charlas sobre novos nichos de emprego rural, a cargo de José Manuel Andrade, da Fundación Juana de Vega, e sobre as novas tecnoloxías como ferramenta de apoio aos novos empresarios, por parte de Daniel Cerqueiro, da empresa Abertal. Así mesmo falará Gabriel Tirapu, da asociación Secot.

A mañá do venres estará dedicada ás oportunidades de negocio e tamén de emprego. Estará máis centrado o segundo día en apostas agrícolas, tanto na zona como fóra dela. Unha das iniciativas procede de Almería. Ademais abordarase o labor dos axentes de desenvolvemento local.

(Fonte: La Voz de Galicia)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante