Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/06/2014

A creatividade e o emprendemento danse cita en innoSmart

3235F_1402932516_innosmart.png

Madrid, 16 de xuño de 2014. - Co fin de desenvolver industrias e actividades emerxentes e sostibles, innoSmart é unha iniciativa europea que apoia a consolidación de proxectos emprendedores e ideas innovadoras baseadas na creatividade como:

  • Novos usos e aplicacións creativas para as tecnoloxías actuais
  • Extensión do uso das innovacións e tecnoloxías actuais a novos sectores e industrias nos que non se utilizaban antes
  • Creación de produtos ou servizos que permitan un uso máis eficiente dos recursos

InnoSmart está cofinanciado pola Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Empresa e Industria. Liderado pola Fundación para el Conocimiento madri+d, innoSmart levarase a cabo por un consorcio no que participan catro clústeres madrileños integrados en Madrid Network: Madrid Biocluster, Sostenibilidad y Energías Renovables, TIC-Audiovisual e Plataforma del Español.

Co inicio desta iniciativa o consorcio pretende contribuír a crear novas cadeas de valor resultantes da colaboración intersectorial e transfronteiriza, coa colaboración entre os clústeres e a través da creatividade como base da capacidade de innovación das empresas.

Mediante un portal de colaboración, talleres de creatividade e actividades de networking, innoSmart favorecerá a formulación de proxectos innovadores e creará grupos que aglutinen candidatos de innovación (emprendedores, expertos, desempregados, con coñecemento en diversos sectores), catalizadores (expertos internacionais) e empresas usuarias ou colaboradoras.

Seleccionaranse 50 proxectos finalistas aos que se apoiará con servizos individuais por un valor de ata 6.000 euros. Estes servizos inclúen bonos de innovación, apoio de mentores e expertos internacionais, colaboración con pemes usuarias, etc.

Ademais, innoSmart desenvolverá un intercambio de experiencias e un diálogo político estruturado con entidades e expertos doutras rexións europeas sobre como implementar mellores políticas e instrumentos para promover os clústeres e a necesidade de apoio empresarial ás industrias emerxentes.

O próximo luns 23 de xuño, ás 9.30 h, na sede da Representación da Comisión Europea en España (Paseo da Castelá, 46. Madrid) daranse cita axentes intermedios, pemes, emprendedores e potenciais interesados a participar no programa. A xornada brindará a oportunidade de manter reunións individuais cos membros do consorcio innoSmart, de analizar posibilidades de colaboración con outros sectores ou disciplinas e de participación no proxecto.

(Fonte: No me paro)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante