Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/05/2014

A Comisión Europea lanza a Plataforma Watify de emprendemento dixital

Logo de Watify

Bruxelas, 2 de maio. - A Comisión Europea puxo en marcha a Plataforma Watify co obxectivo de promover o emprendemento no sector dixital axudando aos emprendedores a superar as barreiras que os frean á hora de crear o seu propio negocio. Esta iniciativa tamén posibilitará que as empresas xa establecidas en todos os sectores industriais coñezan novas oportunidades para transformar os seus negocios usando as novas tecnoloxías e eliminando as dúbidas que teñan para facer uso destas.

O proxecto desenvolverase durante dous anos a través dunha páxina web interactiva na que aparecerán os eventos que levará a cabo a plataforma por toda Europa; onde se responderá a todas as dúbidas que poidan xurdir dos posibles emprendedores e haberá unha ferramenta coas liñas directoras para os emprendedores que están a comezar o seu negocio ou externalizando os seus servizos e unha serie de videos con exemplos de emprendedores con éxito.

Ademais estableceuse unha Mesa dos Estados Membros sobre Emprendemento Dixital, composta por políticos dos diferentes países expertos na materia, con coñecementos sobre intercambio de experiencias e coordinación de políticas. Con iso quérese ir adiantando a implementación dunha Estratexia Empresarial Dixital Pan-Europea. O emprendemento dixital suporía a creación duns 1,5 millóns de postos de traballo.

Fonte: Junta de Andalucía


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante