Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/04/2014

Ampliada ata o 4 de maio a convocatoria para participar no Programa Yuzz ´Mozos con ideas´

  • Nas catro edicións anteriores creáronse 400 empresas e no último ano teñen participado máis de 600 emprendedores
  • O programa, dirixido a mozos de entre os 18 e os 31 anos, ofrece durante sete meses apoio, formación e asesoramento para elaborar plans de negocio baseados en ideas innovadoras, de base tecnolóxica
  • A iniciativa premia á mocidade con ideas innovadoras en máis de 20 centros distribuídos por toda España
  • Os gañadores recibirán un total de 60.000 euros: 30.000 para o primeiro premio, 20.000 para o segundo, e 10.000 para o terceiro

Santiago, 27 de abril de 2014.- O Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e a Consellería de Traballo e Benestar ampliaron a convocatoria da quinta edición do Programa YUZZ “Mozos con Ideas” para a promoción do talento xuvenil e o espírito emprendedor, ata o próximo 4 de maio.

Nas catro edicións anteriores creáronse 400 empresas e no último ano teñen participado máis de 600 emprendedores. A Consellería de Traballo e Benestar está a cargo da coordinación do Programa YUZZ en Santiago e Vigo.

O programa, dirixido a mozos de entre os 18 e os 31 anos, ofrece durante sete meses apoio, formación e asesoramento para elaborar planes de negocio baseados en ideas innovadoras, de base tecnolóxica, propostas polos mozos seleccionados para participar no concurso.

Os tres mellores proxectos nacionais recibirán unha dotación total de 60.000 euros; 30.000 para o primeiro posto, 20.000 para o segundo e 10.000 euros para o terceiro.

Os premios locais ofrecerán aos mozos a oportunidade de viaxar a Silicon Valley (California, EEUU) para coñecer de primeira man o principal referente internacional en innovación. Durante unha semana os gañadores visitarán empresas tecnolóxicas emblemáticas, interactuarán con diferentes axentes do entorno académico e empresarial e realizarán actividades de“networking”.

YUZZ pon a disposición dos participantes calquera dos seus centros, un espazo de traballo localizado en instalacións cedidas por entidades colaboradoras coa infraestrutura e o equipamento necesario para o desenvolvemento de actividades de formación e de asesoramento.

Ademais poderán acceder a programas de titorías e asesoría multidisciplinar, con apoio personalizado para cada un dos participantes. Os titores son profesionais con experiencia en plans de negocio de empresas innovadoras ou de base tecnolóxica que apoian a aprendizaxe dos emprendedores, ofrécenlles atención permanente e orientan aos participantes na formulación do seu plan de negocio.

(Fonte: Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante