Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/02/2014

Presentación dos programas de mobilidade xuvenil da Consellería de Emprego e Benestar da Xunta de Galicia

Santiago, 28 de febreiro.- Durante o día de hoxe, e a través dunha rolda de prensa do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, foron presentados os tres programas de mobilidade xuvenil deseñados pola Xunta de Galicia para o 2014, que permitirán a máis de 350 mozos mellorar as súas posibilidades de empregabilidade grazas ao contacto coa realidade laboral no estranxeiro.

Os tres programas presentados foron:

GALEUROPA 2014

Xa publicado no DOG, e cun plazo de recepción de solicitudes do 1 ao 28 de marzo, este programa oferta prácticas formativas non remuneradas en empresas de todo o mundo. As estadías durarán oito semanas consecutivas, cun mínimo de 25 horas semanais, a realizar entre marzo e o 30 de outubro de 2014.

Os destinatarios do programa son mozos de entre 18 e 30 anos con coñecementos da lingua do país de destino, e con titulación acreditativa de ter finalizado estudos de grado ou equivalente, de grao medio ou superior de Formación Profesional ou de ensinanzas profesionais de artes plásticas, deseño ou deportivas.

Respecto a outros anos, inclúense dúas novidades fundamentais, como son a ampliación do ámbito xeográfico ata incluír a tódolos países do globo e a eliminación da contía fixa para dar paso a unha adaptada ás características do país de destino. As táboas coas cantidades están publicadas na convocatoria do DOG.

EUROGAL

Este programa ofertará bolsas Leonardo da Vinci para prácticas laborais durante 12 semanas en seis países europeos: Francia, Italia, Irlanda, Polonia, Hungría e República Checa. As estadías desenvolveranse entre setembro de 2014 e marzo do 2015, e está previsto que se abra a convocatoria en xuño, destinada a mozos titulados nos seguintes campos: 

  • Hostalería e turismo
  • Administración 
  • Electricidade e Enerxía 
  • Marketing e comercio 
  • Informática 
  • Sector agroalimentario

LA IDA

Proxecto transnacional que conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar para o envío de mozos a realizar prácticas de empresa en Alemaña. Os potenciais beneficiarios deste programa serán mozos entre 18 e 30 anos sen titulación ou con un grao medio de FP, que estean a sufrir unha situación de desemprego prolongado (máis de 6 meses). As estadías durarán entre 4 e 5 semanas durante os meses de outubro e novembro de 2014, e estarán orientadas aos seguintes sectores: 

  • Metal 
  • Xardinería 
  • Impresión 
  • Gastronomía 
  • Comercio

Máis información

(Fonte: Xunta de Galicia)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante