Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/11/2014

Bilbao Youth Employment Forum 2014. 24 e 25 de novembro.

Bilbao Youth Employment Forum

Santiago, 10 de novembro de 2014. - Neste Foro, que terá lugar en Bilbao os días 24 e 25 de novembro, expertos de diversos ámbitos expoñerán a súa visión para dar unha resposta ao problema do emprego xuvenil, partindo dun enfoque reflexión-acción e construíndo un coñecemento compartido.

Bilbao Youth Employment Forum 2014 (BYEF) é unha iniciativa de Novia Salcedo Fundación que conta co apoio do Instituto da Xuventude de España, Injuve. Pretende ofrecer un espazo de diálogo aberto e de participación para buscar solucións viables no ámbito do emprego xuvenil, así como identificar os factores de éxito e os obstáculos das experiencias que se presenten para, desta forma, aprender que está a funcionar, que non e por que.

Este Foro tamén quere mobilizar á sociedade civil internacional para lograr que Nacións Unidas declare o período 2019-2028 "Década do Emprego Xuvenil", e inclúa o emprego xuvenil como prioridade na Axenda de Desenvolvemento Humano das Nacións Unidas e nos Obxectivos post-2015.

O Encontro de Bilbao está dirixido a organismos internacionais, administracións europeas, nacionais, rexionais e locais implicadas en políticas de emprego e xuventude, servizos públicos de emprego, representantes de organizacións xuvenís, universidades, mundo educativo, empresas e organizacións empresariais, sindicatos e organizacións da sociedade civil. E a todo aquel que poida achegar coñecemento e solucións de cara ao emprego do futuro.

Para participar é necesario inscribirse previamente (aforamento limitado), na web www.youthemploymentdecade.org.

O Bilbao Youth Employment Forum 2014 (BYEF) terá lugar no Bizkaia Aretoa da Universidade do País Vasco, en Bilbao.

(Fonte: Injuve)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante