Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/02/2014

Garantía Xuvenil: das palabras aos feitos

Bruxelas, 26 de febreiro. - Os eurodeputados interrogaron hoxe á Comisión Europea e ao Consello sobre como os Estados da UE están a aplicar ou o Plan de Garantía Xuvenil para paliar o grave problema do desemprego entre os mozos.

A Garantía Xuvenil pretende garantir que todos os menores de 25 anos traballen, estuden ou sigan un plan de formación cando, como máximo, transcorran catro meses dende que remataron os seus estudos. Cada país financia este programa no seu territorio, ao que a Unión Europea contribúe a través do Fondo Social Europeo e da Iniciativa de Emprego Xuvenil. 20 dos 28 países da UE poden solicitar este tipo de axudas, ao rexistrar taxas de paro xuvenil superiores ao 25 por cento en polo menos unha das súas rexións.

Segundo László Andor, comisario europeo de Emprego, 19 países da UE presentaron ata a data plans nacionais á Comisión Europea, nos que detallan como aplicarán a Garantía Xuvenil e explican como empregarán o diñeiro que para iso reciban da Unión Europea. Reino Unido é o único país que non presentou un plan malia estar entre os países que se poden acoller a estas axudas.

O Parlamento Europeo organiza do 9 ao 11 de maio en Estrasburgo o Evento Europeo da Xuventude EYE2014. Entre outros actos, a axenda inclúe que os participantes poidan debater con ministros de Portugal e Austria sobre as vantaxes e os inconvenientes da Garantía Xuvenil.

Máís información.

(Fonte: Parlamento Europeo)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante