Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

TERCEIRO PROGRAMA DE ACCIÓN NO EIDO DA SAÚDE

Neste programa de traballo establécense as prioridades e accións que van ser levadas a cabo, incluíndo a asignación de recursos, para aplicar o Terceiro Programa de Acción da Unión no eido da saúde (2014-2020).


SAÚDE ANIMAL E DAS PLANTAS

O programa pretende contribuír a conseguir un alto nivel de saúde para as persoas, animais e plantas ao longo da cadea alimentaria, apoiando normas de control de riscos que reforcen a erradicación das enfermidades animais e das pragas vexetais.


PROGRAMA DE CONSUMIDORES

O Programa plurianual de Consumidores para o período 2014-2020 apoia a política de protección dos consumidores da UE, cuxo obxectivo é axudar aos cidadáns a exercer plenamente os seus dereitos como consumidores dentro do Mercado Único, contribuíndo así ao crecemento económico e a innovación na UE.


SAÚDE PARA O CRECEMENTO

O Programa de Saúde para o Crecemento fai fincapé nos vínculos entre o crecemento económico e unha poboación saudable. O fomento da boa saúde forma parte dos obxectivos de crecemento intelixente e inclusivo de Europa 2020, toda vez que a Unión concentrará a súa actividade nunha serie de áreas prioritarias onde reforce a acción dos estados: a innovación en materia de saúde pública e a capacitación dos cidadáns, a redución das desigualdades sanitarias, a promoción da saúde e a prevención das enfermidades no contexto do envellecemento da sociedade.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante