Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Mercado Dixital Único

Esta estratexia vai dirixida a abrir oportunidades no mundo dixital para persoas e empresas, co obxectivo de incentivar a posición de Europa como líder mundial na economía dixital.


Programa de Traballo Anual 2016 para o apoio financeiro de formación en materia de interpretación nas conferencias.

Para cumplir coas súas obligacións legais en relación co multilingüismo e para asegurar o seu debido funcionamento, as institucións da Unión Europea ofrecen servizos de interpretación para as conferencias e reunións que organizan. A Dirección Xeral de Interpretación (DG SCIC) é a responsable da interpretación na Comisión, o Consello Europeo, o Consello da Unión Europea, o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o SEAE, o BEI e moitos outros organismos europeos.
Ademais de asegurar a comunicación multilingüe ofreciendo servizos de interpretación nos 24 idiomas oficiais da Unión, a DX de Interpretación tamén os ofrece noutros idiomas, especialmente aqueles dos socios económicos estratéxicos da UE. Para garantizar a disponibilidade dun número suficiente de intérpretes cualificados, os servizos de interpretación da Comisión e do Parlamento sempre teñen apoiado e fortalecido programas de formación ofreciendo ós profesionais asistencia e apoio financeiro.


MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

En 2001 estableceuse o Mecanismo Europeo de Protección Civil, coa finalidade de fomentar a cooperación entre autoridades nacionais de protección civil ó longo de Europa. Actualmente, o Mecanismo inclúe ós 28 Estados Membros da UE, así como tamén a Islandia, Montenegro, Noruega, Serbia e a Antiga República Iugoslava de Macedonia. Recentemente tamén Turquía asinou os acordos para formar parte do Mecanismo.


Este Mecanismo foi creado para prestar axuda coordinada dos Estados participantes ás vítimas de desastres naturais ou como consecuencia da acción do ser humano en Europa e en calquera parte do mundo.


VARIOS


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante