Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento da Unión Europea que tenta fortalecer a cohesión económica, social e territorial da UE para contribuír a unha corrección dos principais desequilibrios dentro da Unión e a unha redución das diferenzas entre os niveis de desenvolvemento das distintas rexións. Este labor lévase a cabo principalmente a través do apoio ao desenvolvemento sostible e á adaptación estrutural das economías rexionais, incluída a reconversión das rexións industriais en declive e das rexións máis desenvolvidas.


FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE)

O Fondo Social Europeo (FSE) é o principal instrumento co que a Unión Europea apoia a creación de emprego, axuda ás persoas a conseguir mellores postos de traballo e garante oportunidades laborais máis xustas para todos os cidadáns da UE.


PO FEDER Galicia

O Programa Operativo FEDER Galicia, aprobado en febreiro de 2015, está dotado con 1.104 M €, dos que o 80% procede da financiación comunitaria.


PO FSE Galicia

O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FSE para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico e social de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.


PO FEDER Plurirrexional de Crecemento Intelixente

O Programa Operativo Crecemento Intelixente, que está cofinanciado polo FEDER no marco da Política de Cohesión, é un dos programas de ámbito plurirregional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.


PO FEDER Plurirrexional de Iniciativa PEME

Co obxecto de mellorar o financiamento das PEME ponse en marcha un novo programa de eido plurirrexional, titulado PO Iniciativa PEME 2014-2020, CCI: 2014ES16RFSM001, consistente nun instrumento financeiro que será cofinanciado polo FEDER.


PO FEDER Plurirrexional de Crecemento Sustentable

O PO de Crecemento Sustentable, que está cofinanciado polo FEDER no marco da Política de Cohesión comunitaria, é un dos programas de ámbito plurirrexional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.
O PO, cun Custo total previsto de 7.689,3 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FEDER de 5.520,8 millóns de euros.
O primeiro Eixo terá cofinanciación privada e os catro restantes serán cofinanciados por capital público.


PO FSE Plurirrexional de Inclusión Social e Economía Social

O Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social ten como propósito fundamental contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europa 2020 de crecemento intelixente, sustentable e integrador e, en particular, deste último. Así, por “crecemento integrador” alúdese á procura dunha economía cun alto nivel de emprego que promova a cohesión económica, social e territorial. A promoción dun crecemento integrador pasa, entre outros elementos, por reforzar a loita contra a pobreza, a exclusión social e a discriminación, por garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral e por aproveitar o potencial da economía social para a recuperación económica. Estes son os eixos fundamentais que compoñen o presente Programa Operativo.


PO FSE Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación

O PO de Emprego, Formación e Educación, que está cofinanciado polo FSE no marco da Política de Cohesión comunitaria, é un dos programas de ámbito plurirregional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.
O programa, cun Custo total previsto de 3.012,7 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FSE de 2.115 millóns de euros.


PO FSE Emprego Xuvenil 2014-2020

Como resposta á Recomendación do Consello relativa á implantación da Garantía Xuvenil, o 19 de decembro de 2013 o Goberno de España presentou á CE o Plan Nacional de Garantía Xuvenil. Este Plan, que se atopa aliñado coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016, recolle un catálogo común de actuacións que serán desenvolvidas polos organismos intermedios do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX).


URBACT III

A misión de URBACT é promover que as cidades colaboren e desenvolver solucións integradas a retos urbanos comúns mediante o establecemento de contactos, extraendo leccións de diferentes experiencias e identificando boas prácticas para mellorar as políticas urbanas.


ESPON

ESPON 2020 busca continuar coa consolidación do Observatorio en Rede da Ordenación Territorial Europea e incrementar a provisión e utilización de políticas europeas, comparables, sistemáticas e baseadas na evidencia territorial.


O Programa ESPON 2020 apunta a promover e estender unha dimensión territorial europea en desenvolvemento e cooperación mediante a xeración de evidencias, a transferencia do coñecemento e a formación en cuestións de políticas públicas para autoridades e outros actores políticos a todos os niveis.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante