Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

PROGRAMA PARA A INICIATIVA EMPRESARIAL E A INNOVACIÓN - CIP EIP

O Programa para a Iniciativa Empresarial e a Innovación-CIP EIP abrangue as accións comunitarias relativas á empresa, competitividade industrial, innovación e uso de tecnoloxías nos ámbitos da información, enerxía intelixente e medio ambiente.


ECAP

Programa de asistencia a pemes para o cumprimento da normativa medioambiental.


ENTENDENDO CHINA

Medidas para crear un diálogo empresarial entre a UE e China.


PROGRAMA CONXUNTO EUROSTARS

Programa para financiar proxectos de I+D en consorcio, liderados por pemes, orientados a un novo produto, proceso ou servizo.


ACCIÓN PREPARATORIA PARA O TURISMO SUSTENTABLE

Trátase dun programa que busca promover o turismo en bicicleta como forma de turismo sustentable.


ERASMUS PARA MOZOS EMPRENDEDORES

Iniciativa mediante a que os mozos emprendedores poden realizar estadías en empresas doutros Estados membros da UE.


METP - PROGRAMA DE INTERCAMBIO E FORMACIÓN DE DIRECTIVOS UE-CHINA

Procúrase fomentar o intercambio e a formación de directivos da UE sobre o mercado chinés e de directivos de China sobre o mercado europeo.


COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Misións de formación en Xapón, de entre 5 e 30 días de duración, dirixidas a executivos de empresas europeas.


AL-INVEST IV

Programa de cooperación económica cuxo obxectivo é apoiar a internacionalización das pemes de América Latina, en colaboración cos seus socios europeos, co fin de contribuír á cohesión social da rexión durante 2009-2012.


DESTINOS EUROPEOS DE CALIDADE (EDEN)

EDEN é o acrónimo en inglés de ”European Destinations of Excellence”, Destinos Europeos de Excelencia, proxecto que fomenta modelos de desenvolvemento de turismo sustentable na Unión Europea.


PROINVEST

Programa de cooperación empresarial para favorecer os investimentos e intercambios tecnolóxicos entre os países ACP e a Unión Europea.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante