Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 12/06/2013  ] Plan de información masiva e de prevención sobre drogas para a mocidade

Páxina do Programa de Información e de Prevención sobre Drogas:
http://ec.europa.eu/justice/grants/programmes/drug/index_en.htm
Páxina da convocatoria:
http://ec.europa.eu/justice/newsroom/grants/index_en.htm
Dirección de ontacto do programa : JUST-DRUGS-PROGRAMME@ec.europa.eu

Programa

XUVENTUDE EN ACCIÓN

Convocatoria

EAC/01/12 - Programa «Xuventude en Acción 2007-2013»

Solicitantes

Asociación de Policía da Rexión de Murcia

Destinatarios

Asociacións de policía sen ánimo de lucro dos Estados membros da UE, forzas e corpos de seguridade pública nos diferentes niveis (nacional, rexional ou local).

Obxectivos do proxecto

A Estratexia da UE sobre Drogas 2013-2020 establece unha serie de metas para todas as actividades desenvolvidas na UE nesta materia, co obxectivo de alcanzar un alto nivel de protección, benestar e cohesión social, a través da prevención e a redución no consumo de drogas, dependencia e danos relacionados para a saúde e a sociedade.

O obxectivo do proxecto é desenvolver un plan masivo de prevención do abuso de drogas nun concello de 500.000 habitantes. Para isto, desenvolverase unha campaña de información sobre drogas e o seu uso destinada a mozas e mozos con idades comprendidas entre 16 e 17 anos, destinada a previr o consumo.

Esta tarefa servirá para contribuír á especialización dun grupo de 6 policías provintes de diferentes corpos de policía de 5 Estados membros da UE. Finalmente, 30 policías de distintos países encargaranse de realizar un cuestionario que será distribuído en trinta institucións co obxectivo de cubrir unha poboación obxectivo de 15.000 estudiantes.

Accións previstas

Entre as diversas actividades a desenvolver polo proxecto atópanse as seguintes:
- Recibir formación técnica e especializada dan man de profesionais capacitados;
- Desenvolver xornadas de convivencia, seminarios, conferencias, talleres e outras reunións para compartir información, formación e boas prácticas entre os diferentes participantes no proxecto;
- Realizar cuestionarios e enquisas a distribuír entre estudantes con idades entre 16 e 17 anos dos centros de formación seleccionados.

Prazo para a presentación de propostas

11/07/2013

Información e punto de contacto

José Luis Alarcón
C/ Almazara 104, Monteagudo, 30160, Murcia, Spain.
Tel. 34 605079610
email: jl8528@hotmail.com

Material Relacionado

[26/01/2017] Procura de Socios (42 Kb)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante