Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 18/05/2016  ] Rexeración de traballos na Economía Azul (Portugal)

Nalgúns países, o avellentamento dos traballos na economía azul está relacionado coa súa falta de atractivo entre as xeracións máis novas, especialmente os “millennials”. Porén, a economía azul foi considerada como a principal fonte de desenvolvemento sustentable e tamén como un importante recurso na rexeración económica.
Este proxecto busca crear novos paradigmas para a xestión de ecosistemas en transición, costeiros ou marítimos, en profunda correlación cunha nova xeración de traballos, planificando e actuando na comunidade en áreas como a educación para novas habilidades, incorporando disciplinas transversais como o Deseño, TICs e modos innovadores de comunicación.

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREXIONAL (ATLANTIC AREA)

Convocatoria

Interreg Espazo Atlántico

Solicitantes

Câmara Municipal de Óbidos » Portugal

Destinatarios

-Organizacións públicas nacionais, rexionais ou locais
-Empresas públicas
-Organizacións público-privadas
-Universidades e ensino superior
-Organizacións de investigación e innovación
-Organizacións de educación e formación
-Organizacións da sociedade civil e terceiro sector
-Asociacións e redes empresariais
-Pequenas e medianas empresas
-Grandes empresas



Dalgún dos seguintes países:
-España
-Irlanda
-Portugal
-Reino Unido
-Francia

Información e punto de contacto

David Vieira (david.vieira@cm-obidos.pt)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante