Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 23/11/2015  ] Proxecto EUROINCUBADORA

EUROINCUBADORA nace coa finalidade de dar respostas aliñadas coa estratexia EUROPA 2020 e coas estratexias de especialización intelixente a nivel territorial ás empresas da zona Alentexo, Centro e Estremadura. Para iso, dende a rede de EUROINCUBADORAS que se creará a tales efectos prestaranse os seguintes servizos con carácter xeral.

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)

Convocatoria

Primeira convovatoria para a presentación de proxectos do programa de cooperación INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

Solicitantes

Local Europe.

Destinatarios

Socios de España e Portugal co seguinte perfil: Cámaras de Comercio; Asociacións empresariais; Clústers; Gobernos rexionais; Axencias de Desenvolvemento, Universidades; Centros Tecnolóxicos e empresas especializadas.

Obxectivos do proxecto

Os obxectivos específicos do proxecto son:
• Incubar a 30 empresas en sectores estratéxicos.
• Presentar 10 proxectos europeos de I+D+i vinculando a esas empresas.
• Ofrecer un servizo de financiamento intelixente para PEMES incubadas que permita que polo menos 15 empresas participen en roldas de financiamento.
• Organizar 4 feiras de innovación Industrial.
• Realizar 400 diagnósticos e plans de crecemento empresarial.
• Prestar de forma colaborativa 6 servizos de valor engadido relacionados co crecemento empresarial.
• Crear unha estrutura colaborativa público-privada que permita o crecemento empresarial en todo o territorio concernido.
• Crear unha plataforma web que fomente o Business to Business en temas clave como o financiamento ou o crecemento empresarial.

Prazo para a presentación de propostas

A proposta presentarase á convocatoria POCTEP do vindeiro 18 de decembro de 2015.

Información e punto de contacto

LocalEurope
info@localeurope.net
http://www.localeurope.net/
+34 96 329 59 99

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante