Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[   ] POCTEP. VILAS CREATIVAS. UNHA OPORTUNIDADE DE EMPREGO XUVENIL

O proxecto está ecnamiñado a crear unha rede de espazos colaborativos onde se ofrecen servizos de acompañamento a potenciais emprendedores e emprendedoras que centren a súa actividade económica nas actividades culturais e creativas. A partir dun diagnóstico inicial definiranse os posibles recursos culturais e artísitcos susceptibles de xerar emprego entre a xuventude.

Programa

COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)

Convocatoria

Primeira convovatoria para a presentación de proxectos do programa de cooperación INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

Solicitantes

Concello de Ribadavia (Ourense)

Destinatarios

Socios de entidades locais ou supramunicipais con competencias en creación de emprego e emprendemento procedentes de Galicia e Norte de Portugal

Obxectivos do proxecto

Diversificar a base da economía local, potenciando a xeración de novos negocios (con énfase nos sectores creativos emerxentes ou aumentando o valor engadido dos xa existentes), empregando fundamentalmente fórmulas da economía colaborativa.
En relación ás persoas, ofrecer servizos e facilidades ás persoas e colectivos con interese en implementar algunha/s actividade/s creativas, así como intentar atraer profesionais e talento creativo. Os factores de atracción a potenciar serían: o valor cultural e patrimonial, a calidade de vida, a posición xeográfica, xerar novas dotacións e equipamentos na cidade, especialmente adaptados á clase creativa. Este obxetivo vai encamiñado á dinamización de espazos de atractivo turístico e que están infrautilizados, así como fomentar as actividades económicas en contornos con figuras de protección patrimonial, xerar programas e actividades que contribúan a consolidar a identidade da vila creativa, incluíndo unha axenda cultural e ao sistema educativo local.

Prazo para a presentación de propostas

01/12/2015

Información e punto de contacto

Sonia Couso Fernández
Concello de Ribadavia
Praza Maior, s/n
32400 Ribadavia
Telefono: +34 988 477100
email:recursoseuropeos@ribadavia.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante