Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 15/06/2017  ] Protección do medio ambiente e promoción da eficiencia dos recursos/ Junta de Andalucía (España)

O crecemento ecolóxico rexional tamén require políticas ambientais que conduzan a un uso máis eficiente do aire, a auga, os residuos e o chan.
A cooperación interregional pode permitir ás rexións desenvolver estratexias integradas de crecemento rexional sustentable baseadas nun uso máis eficiente dos recursos.
Para xerar un crecemento sustentable, as rexións deben crear unha economía na que a eficiencia dos recursos, as tecnoloxías ecolóxicas e a ecoinnovación sexan motores do crecemento e o emprego.

Programa

INTERREG EUROPE 2014-2020

Convocatoria

INTERREG EUROPE (3ª Convocatoria)

Solicitantes

Junta de Andalucía, España

Destinatarios

Gobernos Rexionais ou Ongs da UE.

Obxectivos do proxecto

Apoiar a transición industrial cara a unha economía eficiente en recursos, promover o crecemento verde, a ecoinnovación e a xestión do desempeño ambiental nos sectores público e privado

Accións previstas

Desde o punto de vista do crecemento sustentable, a competitividade e a creación de emprego, estudarase a capacidade xurídica, a lexislación de fomento da viabilidade e a transposición de normas europeas novas ou previstas no plano rexional.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 30 de xuño de 2017

Información e punto de contacto

Dr. Juan Ramón Pidre Bocardo
Tlf.: +32 (0)2.234.61.17
Fax: + 32 (0)2.234.61.71
E-mail: comunicacion@junta-andalucia.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante