Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 15/02/2017  ] Desafíos e estratexias para as cidades máis pequenas nas áreas metropolitanas- Interreg Europa/ Consello do Condado de Akershus (Noruega)

O Consello do Condado de Akershus busca socios para presentar un proxecto no marco do Programa Interreg Europe (Obxectivo específico 3.1 mellorar as políticas de economía baixa en carbono).O proxecto proposto centrarase no papel das cidades máis pequenas da área metropolitana na economía baixa en carbono.

Programa

INTERREG EUROPE 2014-2020

Convocatoria

INTERREG EUROPE (3ª Convocatoria)

Solicitantes

Consello do Condado de Akershus (Noruega)

Destinatarios

Áreas metropolitanas con “edge cities” (pequenas cidades vangardistas situadas en zonas periféricas da área metropolitana)

Obxectivos do proxecto

O proxecto estruturarase ao redor de tres temas:
1. Cidades periféricas atractivas e desenvolvemento de negocios: podemos reducir as emisións de carbono nas áreas metropolitanas, facilitando o desenvolvemento en cidades perífericas? É dicir, estratexias para start-up e centros para start-up,estratexias mixtas de transporte por terra reducindo a necesidade de transporte.
2. Cidades periféricas accesibles e mobilidade innovadora: podemos reducir as emisións de carbono nas áreas metropolitanas empregando solucións intelixentes de baixa emisión de carbono nas cidades periféricas?
3. Cidades sustentables e enerxías renovables: podemos reducir as emisións de carbono nas áreas metropolitanas empregando solucións innovadoras de eficiencia enerxética nas cidades perifericas?
O obxectivo dos proxectos é mellorar as políticas e a súa implementación para facilitar o desenvolvemento en cidades perífericas.

Accións previstas

- Eventos interregionales: o proxecto incluirá unha serie de talleres temáticos e viaxes de estudo destinados a intercambiar experiencias para a práctica, a aprendizaxe e o desenvolvemento de enfoques innovadores.
- Eventos locais: os eventos locais terán como obxectivo difundir os resultados dos eventos interregionales entre os socios a nivel local e as reunións das partes interesadas.

Prazo para a presentación de propostas

Xuño 2017

Información e punto de contacto

Erlend Hanssen Sjåvik
Asesor do Consello do Condado de Akerhus 
Correo electrónico: erlend.hanssen.sjavik@afk.no

Martine Matre Bonarjee
Conselleiro da UE, Concello de Skedsmo
Correo electrónico: marbona@skedsmo.kommune.no

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante