Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 09/03/2017  ] Búsqueda de asociación no marco das convocatorias de propostas de FEAD/ Municipio de Skellefteå (Suecia)

O municipio de Skellefteå busca socios para apoiar ao persoal de RRHH para superar as desigualdades sociais en materia de competencias a través dun mercado de traballo inclusivo.

Programa

FONDO EUROPEO DE AXUDA PARA OS MÁIS DESFAVORECIDOS (FEAD)

Convocatoria

Fomento da capacidade empresarial dos mozos migrantes - 225-G-GRO-PPA-16-9233

Solicitantes

O municipio de Skellefteå, Suecia.

Destinatarios

Socios públicos con competencias e responsabilidades similares; estratexias de recursos humanos, provisión de habilidades, recrutamento, etc.

Obxectivos do proxecto

Apoiar ao persoal de recursos humanos para superar as desigualdades en materia de competencias a través dun mercado de traballo inclusivo.

Accións previstas

O proxecto recollerá as diferentes experiencias e métodos mostrados por cada socio e faraos dispoñibles como unha caixa de ferramentas de fácil acceso en liña ou noutro formato dixital. A caixa de ferramentas estará dirixida aos departamentos de RR.HH., xerentes e outros interesados directos sobre como crear políticas de recursos humanos incluyentes e proactivas, como unha estratexia para a subministración de competencia e coñecemento.

Prazo para a presentación de propostas

15/03/2017

Información e punto de contacto

Daniel Wennerlund
E-mail:daniel.wennerlund@potential12.se
Teléfono: +46 704 58 26 04

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante