Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 17/11/2016  ] SE4YM – Capacidade empresarial dos mozos migrantes - Rexión de Kriti (Grecia)

O proxecto pretende unir socios tanto do Norte como do Sur de Europa con altas tasas de inmigración. Os socios traballarán conxuntamente no eido da capacidade empresarial dos migrantes, centrándose no caso das mulleres. As entidades relacionadas compartirán e replicarán boas prácticas, así como tamén desenvolverán un modelo innovador para apoiar a Capacidade Empresarial Social entre os grupos máis vulnerables de migrantes, fundamentalmente mulleres novas e ninis. Darase a estes grupos información de primeira man e ofreceráselles apoio financeiro, formación a través de ferramentas innovadoras TIC, eventos de “networking” e servizos de mentor para os que estean interesados no autoemprego.

Programa

FONDO EUROPEO DE AXUDA PARA OS MÁIS DESFAVORECIDOS (FEAD)

Convocatoria

Fomento da capacidade empresarial dos mozos migrantes - 225-G-GRO-PPA-16-9233

Solicitantes

Rexión de Kriti

Destinatarios

Procuran un socio que exerza de líder para o seu proxecto.


Os destinatarios deberán ser organizacións activas no eido da integración económica e social dos migrantes e/ou que apoien o emprendimento. Dentro destas entidades atoparíanse:

  • Autoridades e administraciones públicas.

  • Cámaras de comercio e industria e corpos similares.

  • Asociacións empresariais e redes de apoio á empresas.

  • Organismos de apoio á empresas e incubadoras de negocio.

  • ONGs, organismos sen ánimo de lucro, asociacións e fundacións que traballen con migrantes.

  • Centros de educación e formación profesional (públicos y privados).

Obxectivos do proxecto

Informar, construír capacidade e apoiar a mulleres novas e ninis cun pasado migrante para que poidan iniciar os seus propios negocios.

Accións previstas

Cinco grandes áreas de traballo:

  • “Mapping Screening” e comunicación.

  • Construción de capacidade e actividades formativas para potenciais empresarios sociais con pasado migrante.

  • Servizos de mentor para os grupos beneficiarios.

  • Cooperación transfronteiriza

  • Xestión do Proxecto e Evaluación da Xestión do Proxecto.

Prazo para a presentación de propostas

Ata o 30.11.2016

Información e punto de contacto

Mr Dimitris Androutsos
Crete Regional Office in Brussels
Tel. + 32 2 431 09 97
androutsos.dim@crete.gov.gr

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante