Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 25/10/2016  ] Fomento da capacidade empresarial dos mozos migrantes - Valencia (España)

Este proxecto ten por obxectivo axudar aos migrantes, especialmente a aqueles máis novos, a que establezan o seu propio negocio a través do desenvolvemento dun plan, provéndoos de información, formación e apoio.

Programa

FONDO EUROPEO DE AXUDA PARA OS MÁIS DESFAVORECIDOS (FEAD)

Convocatoria

Fomento da capacidade empresarial dos mozos migrantes - 225-G-GRO-PPA-16-9233

Solicitantes

A Fundación Equipo Humano (Valencia)

Destinatarios

Axencias de emprego local, organizacións de formación e emprendemento, cámaras de comercio, asociacións de apoio a emigrantes e demais axencias europeas interesadas no proxecto.

Obxectivos do proxecto

- Identificar aos emprendedores actuais e potenciais entre a comunidade de migrantes.
- Fortalecer o espírito emprendedor e as habilidades de xestión de negocios entre os membros da comunidade de migrantes, especialmente entre os mozos.
- Proporcionar centros de apoio ao emprendemento a través de estratexias específicas e ferramentas dirixidas á comunidade migrante.
- Trasladar e replicar a iniciativa noutros países.

Accións previstas

- Identificación de emprendedores potenciais entre os migrantes.
- Educación e formación.
- Establecemento de esquemas de mentoring para emprendedores migrantes.

Prazo para a presentación de propostas

14/11/2016

Información e punto de contacto

Persoa de contacto: Mario Sánchez Brox ? European Projects Manager
Email: mario.sanchez@fundacionequipohumano.es
Teléfono:+34902110473

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante