Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
[ 19/12/2017 ] Łódź URBACT Good Practice
A cidade polaca de Łódź está levando a cabo un proxecto de renovación do tradicional e céntrico barrio obreiro de Księży Młyn, basado non só na mellora física do barrio senon na dinamización económica e social e na promoción da implicación e participación dos veciños en todo o proceso. Buscan socios para compartir as boas prácticas.
A cidade de Łódź
Transfer Cities da URBACT transfer Network call.
O obxectivo do proxecto é compartir unha política de renovación e mellora urbana con outra cidades que teñan problemáticas parecidas. O valor do proxecto urbán levado a cabo en Łódź consiste na integración dos veciños en todas as partes do proceso. Cada vivenda refórmase en base ás necesidades das familias, que ademáis están en contacto permanente entre elas e cos encargados do proxecto para dar as súas ideas e denunciar vandalismo ou calquera problema. A veciñanza está implicada nun proxecto que se adapta continuamente a ela, creandose así redes e comunidades nun barrio tradicionalmente problemático.
10/01/18
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante