Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 17/06/2015  ] Rituais de máscaras como un factor para o desenvolvemento sostible das cidades

O programa busca:


  • Crear unha rede europea das cidades con rituais de máscaras como factor para o desenvolvemento sostible.


  • Implementar un modelo de desenvolvemento sostible para as cidades e aberto ao mundo e a internacionalización.

Programa

URBACT III

Convocatoria

Propostas para a creación de 20 Action-Planning Networks

Solicitantes

Concello de Mira (Portugal).

Destinatarios

Búscase socios cos mesmos recursos inmateriais (rituais de máscaras), que pretendan desenvolver un modelo sostible de desenvolvemento cos mesmos obxectivos e coñecemento para poñer en marcha unha rede. Tamén se aprecia experiencia en programas europeos, en valorización do patrimonio cultural e coñecemento sobre as tradicións de máscaras a nivel internacional.

Obxectivos do proxecto

A máscara é un tema universal que contén dentro de si unha variedade de enfoques transversais e que atribúe ás actividades relacionados con elas elementos característicos de gran distinción cunha gran novidade e factor sorpresa para o público. Ten moito potencial de entretemento, compromiso público, factor pedagóxico e contén un enorme sentido da responsabilidade e espiritualidade levado a cabo en rituais semi-relixiosos e de tradición moi arraigada.


O obxectivo principal da acción é que os rituais de máscaras, e rituais asociados, sexan vehículos que unan ás cidades detrás de obxectivos comúns sobre o forte efecto para o desenvolvemento sostible das cidades e a apertura ao mundo e a internacionalización.

Accións previstas

Búscase crear unha rede europea de cidades para promover boas prácticas en:


  • Preservar o patrimonio cultural.


  • Promover produtos tradicionais a través de degustacións, seminarios e exhibicións.


  • Incentivar artistas e artesáns a enfoques máis innovadores e desenvolvidos para chegar a novos mercados e novas audiencias.


  • Estimular mozos e outras audiencias para contactar e traballar en eventos culturais.


  • Promover o emprendedurismo cultural.


  • Achegarse a novos públicos e novos mercados a través de países onde as máscaras ten unha forte presenza en Europa e fóra dela.

Información e punto de contacto

Concello de Mira (Portugal)
Mira
Portugal
Dulce Cainé
dulce.caine@cm-mira.pt

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante