Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 17/06/2015  ] Emprego e mobilidade laboral

Programa

URBACT III

Convocatoria

Propostas para a creación de 20 Action-Planning Networks

Solicitantes

Municipalidade de Vittoria

Destinatarios

Búscase socios que compartan as súas mesmas preocupacións en materia de defensa e o desenvolvemento de áreas costeiras e, especialmente, búscase territorios e rexións que queiran investir no turismo como unha oportunidade de desenvolvemento local sostible e, ao mesmo tempo, preservar paisaxes de gran valor estético e a identidade do país e a rexión contra a homoxeneización global.

Obxectivos do proxecto

  • Desconxestionar as áreas costeiras, incrementando a calidade do medio e a paisaxe co fin de aumentar a protección dos signos de identidade das paisaxes e os sistemas naturais que se preservaron no tempo.


  • Destacar as peculiaridades da vida salvaxe, da paisaxe e do patrimonio cultural presentes nas áreas costeiras co fin de crear un sistema de patrimonio e cultura que incremente a calidade dos lugares para a atracción dun turismo de alta calidade que busque o desenvolvemento económico sostible.


  • Reciclar áreas costeiras degradadas, incluíndo edificios contemporáneos disonantes e tecidos urbanos opresivos para a paisaxe natural, mellorar a rede de servizos e infraestruturas públicas, insuficientes e inadecuadas; eliminar detractores de calidade ambiental.

Información e punto de contacto

Municipalidade de Vittoria
Vittoria
Italia
Vincenzo Iozzia
info@clusterbiomediterraneo.com

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante