Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 06/03/2017  ] Novas oportunidades para a industria musical (New Sound Spaces) / Regione Campania (Italia)

A Rexión de Campania procura socios para a realización dun proxecto para a formación e educación de músicos novos dentro do programa Europa Creativa.

Programa

EUROPA CREATIVA

Convocatoria

Subprograma CULTURA: Apoio a plataformas europeas - EACEA 06/2017

Solicitantes

Fundación “Amelia and Concetta Grassi” e Asociación musical “Aldo Ciccolini”.

Destinatarios

Fundacións, asociacións culturais, organismos públicos, asociacións internacionais, teatros europeos, sociedades de concertos ou calquera outra persoa interesada nun concerto de música clásica interpretado por músicos novos.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal do proxecto é a educación de músicos conscientes tanto da súa profesión como da complexidade dos negocios do espectáculo.

Accións previstas

- Formación na organización de estruturas de produción musical.
- Educación en técnicas de promoción da imaxe.
- Identificación e educación na complexa lexislación relacionada.
- Colaboración de eminentes artistas do panorama internacional de concertos.

Prazo para a presentación de propostas

Data límite para enviar mostras de interese: 30 de Marzo do 2017.
Data límite para enviar a proposta: 6 de Abril do 2017.

Información e punto de contacto

AMELIA LA ROCCA
amelaro1804@gmail.com
+39 3386998191

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante