Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 14/11/2017  ] Proxecto de innovación relacionado coa xestión do Patrimonio Cultural e Artístico – (EACEA 32/2017) – Artium, Basque Museum, España

O Artium Museum está interesado nun proxecto de innovación relacionado coa xestión do Patrimonio Cultural e Artístico Europeo.

Programa

EUROPA CREATIVA

Convocatoria

Convocatoria de proxectos de investigación en Patrimonio Cultural: “Heritage Plus Call”

Solicitantes

Artium, Basque Museum- Centre of Contemporary Art.

Destinatarios

Países europeos: Bélxica, Chipre, Dinamarca, Francia, Israel, Italia, Lituania, Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, Romanía, España, Suecia, Reino Unido.

Para ser elexibles para participar na convocatoria, as solicitudes deben conter polo menos un dos temas que se mencionan no documento da solicitude.

Obxectivos do proxecto

O obxectivo principal é mellorar a innovación relacionada coa xestión do Patrimonio Cultural Europeo, co fin de integrar o Patrimonio Documental e Artístico Europeo na nova sociedade da información e o coñecemento. Ademais de expoñer, compartir, vincular e reutilizar o coñecemento creado polas institucións de memoria pública para crear novos coñecementos, servizos de valor agregado e produtos innovadores.
Contribuíndo ao desenvolvemento de novas audiencias e mellorando o acceso ás obras culturais e creativas en Europa.

Prazo para a presentación de propostas

18 de xaneiro de 2018.

Información e punto de contacto

Para máis detalles, poden contactar con:
Javier Iriarte Salazar: subdirector.
Email: JIriarte@Artium.org
Elena Roseras Carcedo: responsable da biblioteca, documentación e innovación.
Email: eroseras@artium.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante