Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Procura de Socios

[ 26/01/2018  ] Network of European Sustainable Taste Cities 

É unha iniciativa promovida por un consorcio formado por dez entidades españolas e portuguesas como socios actuais dun proxecto europeo denominado ”Sabor do Sur” e financiado polo Programa Interreg.

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Convocatoria

Networks of Towns 2018 - Round 1 

Solicitantes

Concello La Palma del Condado

Destinatarios

Municipios, organismos públicos rexionais / nacionais / europeos implicados en campos de proxectos (Alimentación, turismo e sustentabilidade ambiental), Organizacións de consumidores,  Living  Labs no sector alimentario, Museos da alimentación, Centros da academia no sector alimentario, Plataformas tecnolóxicas no sector alimentario,  Think  Tanks europeos en Alimentación, organismos do Parlamento Europeo e outras institucións da UE ( CDR, ...), redes en liña para debates conxuntos sobre políticas, organizacións de voluntarios, organizacións de empresas, fundacións involucradas no sector alimentario ...

Obxectivos do proxecto

O obxectivo do proxecto é promover un debate aberto e  multinivel entre os organismos locais / rexionais / europeos interesados ​​para mellorar as políticas de desenvolvemento local sustentable no sector alimentario e en asuntos como a cooperación en innovación e investigación, novos emprendementos colaborativos, promoción do turismo baseada na produción local de alimentos ( ”Km 0”) e o establecemento de canles con  MEP e as institucións da UE para mellorar as políticas a nivel europeo no sector alimentario e  empoderar aos cidadáns da UE neste campo.

Prazo para a presentación de propostas

1 de marzo de 2018

Información e punto de contacto

Andrés Dochao, euprj@lapalmadelcondado.org, phone: +34609442096

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante